Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

O pobo Hurón, Voltaire e a lingua propia.

Imaxe
  Cabaleiros norteamericanos de pobos do norte Falando de lingua, literatura e historia, todas relacionadas, traio aquí un fragmento da obra “O inxenuo” de Fracoise-Marie Arouet, coñecido universalmente como Voltaire , momento no que o Inxenuo comenta que coñeceu un cabaleiro hurón e aprendeu o seu idioma, el xa sabía inglés e, por suposto, francés; entón un abade lle pregunta: C al das tres linguas, huronés, inglés ou francés é a máis fermosa?. A hurona, sen discusión –respondeu o Inxenuo-. É posible? –preguntouse unha dama que asistía á discusión-, sempre pensei que o francés era a máis fermosa de todas as linguas, despois do baixobretón. Non vou comparar linguas, pero recoñezo a beleza e a riqueza lingüística do castelán e do francés, que ben poderían ser linguas das máis fermosas do mundo, detrás do galego e quizais do bretón e o huronés . Por certo, os huróns, unha nación da contorna do lago que leva o seu nome que baña a provincia canadiana de Ontario e o estado de Mi...

Plouguerne/Plouguerneau

Imaxe
  "Expresión do mar" Denez Abernot ©pemónbouzas Que ten  Plouguerne /Plouguerneau para que pague a pena Ir?   A resposta daquelas mozas foi inmediata: O faro máis alto do mundo, unha costa chea de illas, illotes, cons e baixíos que da entrada ao Canal da Mancha , unha manchea de cruces de pedra, excelentes mariscos e peixes e as mulleres máis bonitas de Bretaña . Un faro como calquera outro na illa Wrac’h , o faro máis alto do mundo con 86 metros de altura dende a base situado na ílla Vierge (Virxe), unha costa de recuperadores de botíns de naufraxios que hai que coñecer ben para navegar por ela, unha presenza de cruces de pedra de moi diversa fasquía en cada encrucillada ou lugar sagrado, bo peixe, como o galego das nosas costas e marisco de primeira calidade, como o noso. Certamente, tamén mozas bonitas e unha xente que abre as súas casas os forasteiros. Magoa do peche do bistrot An Dolenn , un lugar de encontro de veciños e visitantes, moitas veces con boa música...
Imaxe
  “ El Bosque ” chegou a min cando era un rapaz, e impactoume . Ata entón lía ficción, pero este agasallo dunha boa persoa, maior, forasteira, que me convidara a facer piragüismo con el nunha embarcación de dúas prazas, pola ría de Arousa , actividade que repetín varios anos no mes de setembro, con pouco veraneante, ata que aquel home deixou de vir a Galicia , pasou a formar parte de min e das miñas lecturas. O caso é que “El Bosque” é un libro editado pola revista Life en 1964 en inglés e en 1966 en castelán. Tanto a textura da capa, impreso en tecido, como as fotografías interiores, moitas delas realizadas en 1904, chamaron a miña atención, e a súa lectura como a observación das fotos representaron un novo meneo á miña querenza pola natureza, tal como me estaban educando na casa. A segunda fotografía desta recensión foi feita en 1904 polos fotógrafos do Servizo Forestal dos EEUU . Impresionoume ver 86 persoas ao pe dunha sequoia pouco despois de que un leñador, un tal Boo...

Quen te viu e que te ve

Imaxe
  Durante a  primeira década do milenio e parte da segunda, varios programas de televisión e de radio, en Cuatro e na Cadena SER, chegaban a un público fiel, nunca maioritario pero si o suficiente como para manter en prime time os programas, ávido de experiencias inexplicables, percepcións extrasensoriais, fenomenoloxía ovni e historias que tiñan que ver con rituais e tradicións ancestrais, xa foran no territorio español ou en calquera parte do mundo, se eran rechamantes. E aí entrei eu. Autor, con Domelo, de Mitos,ritos y leyendas de Galicia , un best-seller do xénero, chamou a atención de Iker Jiménez e do seu equipo, aínda máis cando publiquei Cien cosas que hacer en Galicia , libro tamén exitoso. Fun varias veces ao plató da Nave do misterio , participei de varias reportaxes   e, vía telefónica, tamén no programa radiofónico. Sempre fun tratado con esmero, con xenerosidade e ben acollido. Sempre falei de tradicións galegas, de rituais ou de lugares con historia; le...

Fortes e Vila-Sanjuan, imprescindibles

Imaxe
  Hai libros que, de non seren imprescindibles, son, cando menos, necesarios. En la piel de los héroes de Xosé Fortes e Cultura española en democracia de Sergio Vila-Sanjuán están nesa categoría, a que ocupa un lugar privilexiado na miña biblioteca. O primeiro, polo repaso histórico dos derradeiros anos do franquismo e do comezo da transición democrática, dende o punto de vista dun oficial demócrata no exército franquista, e o segundo polo repaso histórico dende os albores da democracia ata hoxe do desenvolvemento e importancia da cultura en España. Fortes narra en primeira persoa os seus movementos, e os dos seus compañeiros do que sería a UMD , Unión de Militares Demócratas , no seo do exército franquista (non do exército español, porque non servía ao pobo español, como ben apunta o autor) para intentar dar pasos de cara a conseguir unha sociedade democrática   que substituíra á sociedade esmagada polos golpistas. O repaso que fai Fortes no seu libro non so narra as vi...
Imaxe
  Marchan The Guardian , La Vanguardia ... Vos aínda seguides con conta aberta en X ? Dous grandes e prestixiosos xornais abandonan (Twitter)X . Internet e as redes sociais   enchéronse do peor do ser humano por culpa de aproveitados intoxicadores, que buscan (e obteñen) enormes beneficios grazas a milleiros (millóns en moitos casos) de seguidores papanatas, sen espírito crítico, que creen que o teñen por criticar todo seguindo as instrucións do gurú charlatán que seguen en redes. A antiga Twitter (agora X dende que o aspirante a dictador do mundo Elon Musk a mercou) era unha ferramenta empregada por millóns de persoas e, de paso, polos grandes medios de comunicación, os prestixiosos tamén, como ferramenta de comunicación e de transmisión de información, que é o mesmo. Dende que o sudafricano Elon Musk mercou a rede social Twitter, converténdoa en X, ese espazo comunicativo converteuse nun tsunami cargado de mentiras, noticias falsas, racismo, odio ao diferente, conspi...

Bodega Bay: un rapaz de Corme e uns paxaros

Imaxe
  Fotograma da película "Os paxaros" de Alfred Hitchcock Un mozo de Corme , na Costa da Morte , agradecido por ter participado como segundo oficial na primeira viaxe de exploración das costas máis setentrionais de California (chegaron ata Alasca ), propúxolle ao seu comandante darlle o seu nome a unha baía na que fondearan cando navegaban de regreso a San Blas , México, con parada en Monterrei . Aquel feito sucedeu o 3 de outubro de 1775; o comandante do barco era Bodega e Quadra e o segundo oficial, o mozo de Corme, Francisco Antonio Mourelle da Rúa . Dende entón, e ata hoxe, aquel lugar chámase Baía Bodega , onde hai unha pequena entidade de poboación que vive da pesca do cangrexo real, das ostras e doutras especies coas que lles agasalla o océano Pacífico. Bodega Bay está a hora e media en coche dende San Francisc o, conducindo cara o norte. Esa vila foi escollida por Alfred Hitchcock para rodar a súa afamada película “ Os Paxaros ”, protagonizada por unha espléndida...

Queremos GALEGO!!!

Imaxe
  ©queremosgalego.com O vindeiro 17 de novembro está convocada unha manifestación en Santiago de Compostela en defensa do noso idioma, o galego convocada pola plataforma “Queremos Galego” que acolle máis de 600 colectivos sociais. Tras a recente publicación dos datos do Instituto Galego de Estatística, a alarma é vermella. Redución das materias en galego no ensino primario e secundario con nenos de máis de cinco anos que descoñecen completamente o seu idioma materno, con desaparición do galego  nas mensaxes oficiais en hospitais e centros ambulatorios e cun desdén absoluto por amplos sectores sociais, acomodados nun suposto elitismo identificado coas grandes cidades, son síntomas altamente preocupantes como para pensar e actuar a prol do noso idioma. Porén, a Televisión de Galicia ven facendo, dende finais dos anos noventa do século pasado, batidas autorizadas de aniquilación do Xabarín Club co que as nenas e os nenos perderon o seu referente na televisión pública galega. Da...
Imaxe
  Aínda mantedes conta en (Twitter) X ? Non busquedes xustificación se realmente sodes demócratas (non do Partido Demócrata  dos EEUU) e credes na Democracia . Se en Twitter corrían trolas, dende que se chama X porque a mercou Elon Musk , é unha fábrica de mentiras, de noticias falsas, de desestabilización política e social, de facer dano atendendo so a intereses  ben escuros. Chegou a era dos ILUMINADOS , xente que coas novas tecnoloxías acadou tanta riqueza e con ela tanto poder que se creen que son como os seus ídolos, os súper heroes da iconografía tan sumamente infantil da sociedade americana, aspecto ese que   se propaga polo mundo como un virus mortal e silencioso, que atenta contra os valores e os principios nos que sempre se apoiou a sociedade europea, con historia, cultura, literatura, cine de calidade (sen pistolas para matar mosquitos ou o que se poña por diante). Todos eses iluminados,   cando teñen que se posicionar politicamente, escollen sem...

Efecto laranxa. Temporada 2

Imaxe
  Efecto laranxa. Temporada 2 Queda ata o 20 de xaneiro para ir tomando as precaucións necesarias para protexerse do comezo da segunda temporada do efecto laranxa. O que ven, canda menos catro anos, foi retratado xa por Joseph Conrad cando o seu Charlie Marlow se internou polo río Congo na procura de si mesmo e ao atopar a Kurtz e todo o que o rodeaba berrou para si mesmo: O horror!! O horror!. Chegara ao corazón da escuridade (magnifica tradución ao galego de Manuel Outeiriño en edicións Positivas ). Un horror laranxa ven de camiño grazas a unha das calidades máis recorrentes da humanidade: a súa infinita estupidez. Mais esa estupidez que apoiou o monstro laranxa acadou a maioría nese tan peculiar e tan cuestionable, dende o punto de vista democrático, sistema electoral dos EEUU nas presidenciais. Mais gañou . So hai que achantar e prepararse. Lin hoxe un artigo que falaba de que Trump regresaba e ía, primeiro desquitarse e, segundo, vingarse .   Non teño dúbida d...
Imaxe
  NY  ©pemónbouzas Donald Trump , aparenta laranxa pero é da cor do fascismo máis duro. A estupidez humana non a aprendín nos manuais de Socioloxía, decateime dela camiñando pola vida. Houbo un tempo no que a maldade tiña certo freo, o fascismo semellou controlado, o comunismo desintegrado pola súa propia ditadura do proletariado que tanto enganou a propios e estraños, as igrexas empezaron a quedar valeiras, o fanatismo musulmán non se fixera un perigo universal..., Sí, había terrorismo, sempre inxustificado. Mais coa sociedade do ben estar creamos imbéciles, ineptos, ignorantes e débiles, mentres dende a nosa comodidade non atendíamos ao monstro que estabamos creando. Donald Trump está aí e vai gañar as eleccións en Estados Unidos , a verdade é que nunca se foi. Vai gañar sendo racista con todo dios, cos negros (alí gustan dicir afroamericanos para non ofender cando na palabra dunha cor non hai ofensa), asiáticos, nativos americanos e hispanos, fucking hispanos pensan e d...