Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

Biblioteca de autor: 4, Relatos 3: Pasajes - Julio Cortazar

Imaxe
Julio Cortazar é, sen dúbidas, un dos mestres da narración breve, do conto, do relato curto. Case que todos eses contos chegaron a min grazas á colección de Relatos (1,2,3 e 4) que en España publicou Alianza Editorial, que non son máis que unha reorganización das narracións breves que o propio escritor reagrupou en catro volumes ( Ritos , Juegos , Pasajes e Ahí y ahora ), relatos que antes foran publicados en libros como Bestiario , La otra orilla , Alguien anda por ahí , ... A forza de cada un dos contos, a intensidade das historias, a inquietude que provocan as atmosferas que crea, a mestría na redacción e no ritmo e un sen fin de cualificativos, fan que o lector levede durante a lectura.  A mestura entre a realidade do lector e de moitos protagonistas dos seus contos e a “outra” realidade fan de Cortazar un adiantado ao seu tempo, un innovador e, sobre todo, un mestre do relato. Escollo Relatos, 3: Pasajes porque nel se atopan dous contos imprescindibles: La casa toma