Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Pensadores vs Usuarios

Imaxe
  Recomendación para esta lectura : Observar con calma a obra " O pensador " de Rodin e escoitar ' Casta diva ' da ópera 'Norma' de Bellini interpretada por Joan Sutherland  https://youtu.be/iK2LwLyZAlc Vivimos uns tempos nos que a filosofía da vida se resume na ecuación acción/reacción . Alguén  fai un comentario e inmediatamente recibe a resposta. Comentarios breves, a ser posible, porque máis alá dos 140 carácteres ou dos dous minutos e medio de podcast , vídeo ou calquera outro formato nas redes deixa de interesar. Na maioría das ocasións, a acción , a mensaxe, que alguén fai pública ou comparte en medios ou en redes, está mais ou menos pensada e ten como obxectivo a difusión dunha idea. A reacción , escrava da inmediatez, case nunca é pensada. E aí é onde comeza o debate, un debate baleiro de contidos pero case sempre cheo de ignorancia e testosterona, aínda que haxa mulleres de por medio. Boa parte da culpa dese mal que nos afecta como sociedade é intr