Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

A música de Denez Abernot, a gaita de Bieito Romero

Imaxe
Tempo atrás publiquei nesta bitácora varias cousiñas relacionadas coa miña participación no II North American Symposium of Galician Studies  organizado pola University of Michigan – Ann Arbor no que participei  grazas á responsable do mesmo, a profesora   Cristina Moreiras . Bieito Romero durante a presentación do meu libro  "Novos pasos por Bretaña"  na librería Biblos de Betanzos Nunha das miñas intervencións tivo un momento estelar o gran Bieito Romero , líder do grupo Luar na Lubre , interpretando coa súa gaita unha canción doutro amigo, o bretón Denez Abernot . Cristina Moreiras antes de presentar a Bieito Romero na Universidade de Michigan Denez foi cicerone importante e anfitrión xeneroso en varias das viaxes que fixen a Bretaña para escribir o libro “ Novos pasos por Bretaña ” (Xerais, 2014). Mariño e mariñeiro, colleiteiro de algas, pintor e músico, levando sempre diante a bandeira bretoa, Denez Abernot compuxo una canción titulada “ Gwerz ar

New York, lembrando o 11 de setembro de 2001

Imaxe
New York, Zona Cero. 2001 Pasaban varios minutos das tres da tarde. Un pequeno grupo de compañeiros, uns xa comidos e outros dispostos a facelo, mirabamos no telexornal as primeiras imaxes do impacto dun avión de pasaxeiros contra unha das torres xemelgas de New York. -Un accidente –dicían uns. -Como vai ser un accidente! É imposible! –dicía outro. Hai que ir adrede contra a torre. -Os aeroportos están moi preto, o JFK e La Guardia  -apuntaba alguén. O impacto dun segundo avión contra a outra torre disipou todas as dúbidas. Era un atentado planificado. Abraiados quedamos. Comezaron as chamadas a familiares e amigos residentes en New York. Os mais souberon da noticia por nós debido á diferenza horaria. O mundo cambiou aquel día. Dende entón mudaron as medidas de seguridade no trasporte mundial. Dende entón máis guerras en Oriente. Dende entón o petróleo máis caro. Dende entón máis violencia, xenofobia, racismo... Dende entón máis terrorismo: Madrid, Londres, Par