Plouguerne/Plouguerneau
"Expresión do mar" Denez Abernot ©pemónbouzas |
Que ten Plouguerne/Plouguerneau para que pague a pena
Ir? A resposta daquelas mozas foi
inmediata: O faro máis alto do mundo, unha costa chea de illas, illotes, cons e
baixíos que da entrada ao Canal da Mancha, unha manchea de cruces de pedra, excelentes
mariscos e peixes e as mulleres máis bonitas de Bretaña.
Un faro como calquera outro na illa Wrac’h,
o faro máis alto do mundo con 86 metros de altura dende a base situado na ílla
Vierge (Virxe), unha costa de recuperadores de botíns de naufraxios que hai que
coñecer ben para navegar por ela, unha presenza de cruces de pedra de moi
diversa fasquía en cada encrucillada ou lugar sagrado, bo peixe, como o galego
das nosas costas e marisco de primeira calidade, como o noso. Certamente, tamén
mozas bonitas e unha xente que abre as súas casas os forasteiros. Magoa do
peche do bistrot An Dolenn, un lugar de encontro de veciños e
visitantes, moitas veces con boa música en directo.
Alí fixen moi bos amigos, moitos, destacando
os do grupo Joië et repôs (Alegría e descanso) e a familia Abernot. Denez
Abernot é un home do renacemento bretón. Ama dúas embarcacións: o mercante
noruegués no que navegou moitos anos e as dornas galegas, por seren tan
mariñeiras. Ademais de capitán de barco, Denez foi goemonier
(colleiteiro de algas) fillo, neto e bisneto de colleiteiros, músico de
rock&roll e blues, compositor en bretón, del é a canción dos goemoniers
convertido no himno non oficial de Bretaña, e pintor, gran pintor. Porén, a
foto que ilustra este texto é dunha pequena escultura que reflicte o mar como
paixón, con tres remos, un dos cales é o das dornas, non podía ser doutro
xeito.
En Plouguerne/Plouguerneau síntome na
casa. Grazas. Gross bisous. Pokoû bras.
Comentarios
Publicar un comentario