Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

Xa hai vinte anos!

Imaxe
  Memorial dunha das Torres Xemelgas na Zona Cero Eran arredor das tres da tarde en España cando, entrando na cafetería do traballo aquel 11 de setembro de 2001 vin varios compañeiros moi atentos ao televisor que colgaba da parede. Intereseime polo que sucedía, mentres vía unha das torres xemelgas botando fume en pisos moi altos, e moita desfeita, como a provocada por unha explosión. Alguén comentou que semellaba unha bomba, outro que vira as imaxes completas dixo que se estrelara un avión contra a torre. Varios comentamos que nos estrañaba moito un accidente de aviación no que o avión se estrelara contra unha das torres xemelgas. Niso, vemos en directo como un segundo avión estrelase contra a outra torre. ¡Atentado terrorista! Sen dúbida. A miña primeira reacción foi chamar a coñecidos residentes en Manhattan e en New   Jersey, como así o fixen, para que me comentaran o que dicían as noticias norteamericanas sobre os atentados. A miña sorpresa foi que fun eu mesmo que lles estaba da

Os sons do silencio

Imaxe
O silencio é un alicerce da nosa alma. Forma parte da soidade do ser humano: é necesario! Son necesarios. Nesta sociedade hipercomunicada, inundada de redes que até fagocitan os medios de comunicación (as radios e as televisións que queren ser “modernos”), unha sociedade saturada, a soidade converteuse nun elemento latente, permanente, invisible e patolóxico. Nada que ver coa soidade dos poetas, dos filósofos, dos pensadores, dos artistas. Tantas amizades de pantallazo, tantos “ likes ”, tanta exposición fatua, alimentan o monstro máis poderoso que existe hoxe en día, un monstro que devora vidas, que anula emocións (por substituír as reais polas ficticias, que so son algoritmos), que anula futuros e con eles proxectos vitais de crecemento humano, de desenvolvemento individual e colectivo, anulando de paso sociedades enteiras que acaban dando poder aos fillos do monstro, megapoderosos sen principios, que en vez de investir en investigacións verdadeiramente necesarias para a humanidade

Setembro

Imaxe
Gústame o sol, quizais por iso o verán é a miña estación predilecta e agosto o més que considero especial, tal vez tamén porque nacín en agosto. Porén, cando penso en viaxes vacacionais, os meus primeiros pensamentos lévanme cara o norte, a lugares fríos ou, cando menos, non cálidos. Pero sempre preciso aproveitar un puñado de días nos que o sol me invite a nadar e nadar nas praias galegas e a facer acopio natural de vitamina D para enfrontar o inverno con forzas renovadas, con palpitos vitais dabondo para vencer humidades, fríos e escuridade. Son eses días nas praias polas que teño querenza os que fan de setembro un més cargado de nostalxias, de valeiros, de saudades... por un tempo que quedou atrás cheo de areas nos pes, de salpicaduras, de nenos correndo cara a auga, de acentos forasteiros, que traen á miña memoria de xeito inexorable cada ano a novela da francesa Françoise Sagan "Bonjour Tristesse". A esa nostalxia engádese moitas veces a permanente incerteza dun novo cur