Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2015

Biblioteca de autor: 3. Un hombre que se parecía a Orestes - Álvaro Cunqueiro

Imaxe
Sen mais, un día descubrín que había libros na biblioteca dos meus país que ían moito máis alá das miñas lecturas adolescentes e dos de obrigada lectura escolar. O primeiro que me chamou a atención foi o dun escritor galego chamado Álvaro Cunqueiro, unha obra titulada Un hombre que se parecía a Orestes, que en 1968 gañara o Premio Nadal. Meu pai mercaba os Nadal porque así podía ler o que escribían os autores españois contemporáneos que ían sendo recoñecidos cun premio que, xa daquela, finais dos sesenta e principios dos setenta,  se consideraba de prestixio. Meus pais mercaban libros todo o ano pero aquel  Nadal era dun escritor galego. Cunqueiro apoiase nos clásicos gregos para  non fallar nunha historia moi súa, moi de terras de Miranda, moi galega, polo tanto moi universal. Na mitoloxía grega Orestes vinga a morte do seu pai Agamenón matando ao asesino Egisto, quen se convertera no seu padrasto ao  casar coa súa nai Clitemnestra. Na obra cunqueiriana Orestes vai de