Marchan The Guardian, La Vanguardia... Vos aínda seguides con conta aberta en X?

Dous grandes e prestixiosos xornais abandonan (Twitter)X. Internet e as redes sociais  enchéronse do peor do ser humano por culpa de aproveitados intoxicadores, que buscan (e obteñen) enormes beneficios grazas a milleiros (millóns en moitos casos) de seguidores papanatas, sen espírito crítico, que creen que o teñen por criticar todo seguindo as instrucións do gurú charlatán que seguen en redes.

A antiga Twitter (agora X dende que o aspirante a dictador do mundo Elon Musk a mercou) era unha ferramenta empregada por millóns de persoas e, de paso, polos grandes medios de comunicación, os prestixiosos tamén, como ferramenta de comunicación e de transmisión de información, que é o mesmo.

Dende que o sudafricano Elon Musk mercou a rede social Twitter, converténdoa en X, ese espazo comunicativo converteuse nun tsunami cargado de mentiras, noticias falsas, racismo, odio ao diferente, conspiranoica, manipuladora e TÓXICA, moi tóxica: un verdadeiro perigo para a DEMOCRACIA.

Artistas, deportistas, empresarios e institucións están pechando as súas contas en X (Twitter). De veras que aínda segues sen pechar a túa nese pozo negro?



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Semana Santa en la memoria