Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2015

Patrimonio Márítimo

Imaxe
Rada de Brest- Bretaña Unha boa parte de Galicia mira ao mar, non hai que esquecer que conta con case mil douscentos quilómetros de costa. Mirar significa vivir cara ao mar, vivir do mar, grazas á pesca, ao marisqueo, a acuicultura, o turismo, a mercante e outras actividades. A pesca é unha actividade que se ven realizando desde os principios dos tempos ata agora mesmo. As novas tecnoloxías aplicadas á navegación, as artes de pesca, as comunicacións por satélite, favorecen na actualidade ao sector, tan importante na economía galega. Pero antes, non había iso. Saíase a navegar co que había, nas embarcacións que hoxe consideramos e chamamos “tradicionais”: dornas, gamelas, lanchas, etc. Agora son patrimonio . Agora toca defendelas. Iso fan dende a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial que acolle a un importante número de asociacións espalladas pola xeografía galega. Pensando neles, pero sobre todo pensando nas embarcacións tradicionais , fixemos dous documentais