Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional e 4: educación e futuro

Imaxe
Diante do edificio da Biblioteca da University o Michigan Certamente, as institucións políticas galegas teñen nas súas mans a posibilidade de promover, incentivar e divulgar a cultura galega polo seu valor intrínseco, sen atender  a connotacións políticas ou ideolóxicas, sen miramentos e comparanzas co castelán ou con outros idiomas dos que as culturas e os idiomas minoritarios están sempre en desvantaxe. A cultura propia, o idioma propio, son a base, os alicerces para comprender o noso e para entender mellor outras culturas e outras linguas; non esquezamos que as porcentaxes de coñecemento de outros idiomas, inglés, francés, alemán..., son superiores nos territorios nos que ademais do castelán se fala unha lingua propia, como é o caso de Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Euskadi e Galicia. “ Vontade ” é a palabra clave para as institucións xunto a  “ fomento ” para por riba da mesa a definitiva “ medios ”, medios económicos e humanos para que o proxecto teña futu

II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional 3: Historia e tradición

Imaxe
Ao remate dunha xornada  na porta do Rackham Auditorium Se facemos caso da segunda acepción do termo “cultura” no dicionario Xerais: “ Conxunto de tradicións e formas de vida dun pobo, dunha sociedade ou de toda a humanidade ”, teño medo de que a tendencia sexa uniformista e globalízante sen que se tomen medidas para frear ou reconducir o patrimonio intanxible do noso pobo adaptando a súa narración e pervivencia ás novas canles, aos novos tempos á sociedade actual e facendo un esforzo para que o ensino se converta no que foi a tradición oral ao longo dos séculos. Para Castealo “ A nosa tradición revélase no idioma, no espírito, na cultura, no arte, no xeito de vivir e de pensar, no sentido trascendente da vida e da morte, no afán de universalidade e de particularidade, na identificación amorosa coa terra, na predisposición á poesía... A tradición é todo aquilo que endexamais nos traizoará ”. No mundo globalizado no que estamos empezando a vivir, a tradición, como patrimoni

II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional 2: Medios de comunicación e cultura

Imaxe
No campus da University of Michigan - Ann Arbor con Xosé Manuel Pereiro, Miguel Anxo Murado, Cristina Moreiras, Teresa Vilarós, Suso de Toro e outros A depresión na que están inmersos os medios de comunicación ten tamén que ver coa globalización provocada por Internet. Asredes sociais, as webs e as novas canles de comunicación a través da rede fixeron tanto dano aos medios, porque a súa implantación correu moito máis que a reacción da sociedade da comunicación para se adaptar aos novos tempos. Os rexedores dos medios miraron para as lustrosas mesas de despacho que disfrutaban sen ver chegar a onda expansiva dun novo xeito de tratar a información. A primeira vítima foi sobre todo a prensa escrita, pero non foi a única, xa que afecta ás televisións, que igualmente son preguiceiras en reaccionar,  e quizais as radios, aínda que penso que a radio sobrevivirá. Pemón Bouzas nunha intervención Queiramos ou non, discutindo a maior ou menor implicación dos medios galegos coa cult

II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional 1: Introdución

Imaxe
Detrás de Cristina Moreiras e rodeado de invitados e investigadores no campus de Ann Arbor - Míchigan Mesa Redonda de Clausura. Sábado 23 de abril de 2016 Sobre a Galicia de hoxe (1). Pemón Bouzas Castelao , na obra fundacional do nacionalismo galego “ Sempre en Galiza ” dicía con rotundidade: “ Eu renego da historia de Galiza, porque o pasado so nos deixou desilusións de vida e nin tan sequera sabemos cal foi o seu mellor propósito. O milagre da existencia diferenciada de Galiza, a través de tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortais. Eu, polo tanto, confío na soberanía natural de Galiza, que so agarda por unha rexa vontade colectiva para facerse respectar... E claro que renego do pasado porque o feito diferencial de Galiza xa supera, na conciencia e na vontade política dos galegos de hoxe, a todos os feitos rexistrados na súa historia. Eu solo confío no poder máxico da terra e no porvir qu

II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. The crucible vs A voz do vento

Imaxe
Cristina Moreiras. Discurso inaugural do congreso.  Con Gabriel Rei Doval  (Univ de Wisconsin) e Valentín  García Gómez (Dir. Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia) Cristina Moreiras-Menor , directora do departamento de Romance Languages and Literature da University of Michigan – Ann Arbor tivo a ben invitarme, xunto a outros creadores galegos, a participar no II North American Symposium of Galician Studies que ela e os seus colaboradores organizaron. Congreso que tivo lugar entre os días 19 e 23 de abril e ao que acudiron investigadores e profesores de preto de cincuenta universidades de Estados Unidos , pero tamén de lugares tan afastados como Nova Zelandia . Teresa Vilarós, Suso de Toro, María Reimóndez e Pemón Bouzas Non so sinto orgullo por participar como invitado nesas xornadas, tamén sinto agradecemento e satisfacción polo feito de compartir primeira mesa cos escritores Suso de Toro e María Reimóndez e coa profesora Teresa Vilarós da universidade de