Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

A Estrela de Oriente

Imaxe
Houbo un tempo no que pensei que tiña que axudar aos nenos e ás nenas  que esperaban ansiosos cada Nadal a chegada dos Reis Magos a coñecer mellor  quen de verdade eran as Súas Maxestades. A tarefa non era doada pero decidín asumir o reto. Non se podía xogar coa ilusión dos pequenos nunha efeméride que en moitos casos marcaría un antes e un despois nas súas vidas, coma noutros momentos cruciais nos que o antes e o despois son fundamentais. Non me quedaba outra que empezar a investigar. Busquei na Biblia, no Novo Testamento, busquei nos libros de historia, atopei moito nos libros de arte onde puiden comprobar como grandes artistas de diferentes épocas deixaron plasmada, polo menos nunha obra, a “ Adoración dos Reis Magos ”. Incluso busquei en bibliotecas relixiosas e so unha persoa conseguiu  aportarme algo máis de luz, Sor Mónica , unha muller que soubo dar cariño á miña filla Eri nos seus primeiros anos de escolarización. De socate, souben que tiña que empezar a escrib