Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

A rapaza da perla

Imaxe
  Recomendación visual: deleitarse coa obra de Johannes Vermeer “ A rapaza da perla ” escoitando a “ Serenata ” de Franz Schubert interpretada por Camille Thomas and Beatrice Berrut.  https://www.youtube.com/watch?v=_JpXlliAn2Iç Schubert foi un romántico, a súa música é definitoria. Vermeer, porén, é un dos máximos expoñentes do barroco; aínda así, se un é quen de deterse a observar a súa obra, atreveríame a dicir que hai un halo romántico nas súas escenas cotiás. A mirada da rapaza da perla , a súa doce expresión traslada o espectador   a un espazo e un tempo limpos e puros. Romántico pode resultar, dende unha visión contemporánea, o achado dunha perla nun molusco bivalvo, normalmente ostras.   A noticia que ocupou espazo en todo tipo de medios estes días fai alusión á prezada xoia atopada de forma casual por una rapaza no interior dunha ameixa xapónica , das que se cultivan na ría de Muros-Noia , cando degustaba un exquisito prato de ameixas á mariñeira no restaurante no que el