NY ©pemónbouzas

Donald Trump, aparenta laranxa pero é da cor do fascismo máis duro. A estupidez humana non a aprendín nos manuais de Socioloxía, decateime dela camiñando pola vida. Houbo un tempo no que a maldade tiña certo freo, o fascismo semellou controlado, o comunismo desintegrado pola súa propia ditadura do proletariado que tanto enganou a propios e estraños, as igrexas empezaron a quedar valeiras, o fanatismo musulmán non se fixera un perigo universal..., Sí, había terrorismo, sempre inxustificado. Mais coa sociedade do ben estar creamos imbéciles, ineptos, ignorantes e débiles, mentres dende a nosa comodidade non atendíamos ao monstro que estabamos creando.

Donald Trump está aí e vai gañar as eleccións en Estados Unidos, a verdade é que nunca se foi. Vai gañar sendo racista con todo dios, cos negros (alí gustan dicir afroamericanos para non ofender cando na palabra dunha cor non hai ofensa), asiáticos, nativos americanos e hispanos, fucking hispanos pensan e din eles, Trump e os seus seguidores. E  son racistas abertamente, nos mitins, nas proclamas, en toda canta manifestación fan.

Donald Trump vai gañar. É o favorito e o desexado por Putin, por Israel, polos fascistas das ultradereitas europeas, Vox incluída, por China...  Vai gañar incriblemente cos votos dos negros (perdón, afroamericanos), dos asiáticos, dos nativos que poidan votar e dos hispanos. Alucinante. A vitoria de Donald Trump é a demostración da estupidez humana, da imbecilidade e ignorancia dos años de camiño ao matadoiro. Donald Trump vai gañar grazas a vos, estúpidos! E non hai onde fuxir.

Post data.: Kamala Harris so é un pouquiño menos terrible que Trump.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio