Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

Encrucilladas - Cruceiros

Imaxe
Hai algúns anos propuxen na TVG a realización dunha serie de documentais baseados nos abundantes elementos enriquecedores do que coñecemos como corpus  da antropoloxía cultural  galega . Non estando dentro da serie, a alguén se lle ocorríu propoñer que fixeramos un piloto da serie utilizando un dos elementos significativos da paisaxe como leiv motiv: os cruceiros .  Ese alguén quería un documental descriptivo con explicacións morfolóxicas e artísticas, nada que ver coa filosofía proposta para a serie.  Xa que logo,   Victorino Lourido mais eu  decidimos aceptar a proposta para, finalmente reconvertela na idea primixenia, os cruceiros están aí por algo e ese algo vai ser o documental.  Así naceu Encrucilladas . Está na páxina web da TVG pero eu aporto aquí un enlace directo. Este tempo é apropiado para o seu visionado, nun outono que non o parece e nos albores dun inverno. No seguinte enlace está o documental: Encrucilladas Victorino Lourido, fotografía,