Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

O Espírito do Aire transformase en A VOZ DO VENTO - El Espíritu del Aire se transforma en LA VOZ DEL VIENTO

Imaxe
O 18 de setembro de 2013 recollía en Valladolid o LX Premio de Novela Ateneo Ciudad de Valladolid co que foi premiada a obra que presentei co título provisional  “ O Espírito do Aire ”.  A miña sorpresa polo premio foi maiúscula e a ledicia que a acompañou quedou reflectida nas caras e nas voces das persoas que me queren, que me aprecian, que me seguen, das que valoran o meu traballo como escritor. Cando un remata de escribir un libro, una novela, non chega o día de vela publicada. Este laureado “O espírito do aire” vai ter como título definitivo “ A  VOZ DO VENTO ”  e vai ver a luz e ocupar espazo nos andeis das librerías a partires da última semana de marzo. En principio sairá simultaneamente en Galego e en Castelán por Xerais e por Algaida. “ A VOZ DO VENTO ” forma parte dun verso de Celso Emilio Ferreiro dentro do poema “ María Soliña ”. Trátase, pois, dunha dobre homenaxe: ao poeta de Celanova  e á lendaria figura que fora xulgada pola Inquisición cando andaba pol