Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

Cantos e danzas populares do Sáhara (Non á guerra)

Imaxe
“La explotación de los fosfatos de Bu Cráa y el banco pesquero situado en la plataforma litoral, pueden hacer de la República Democrática Árabe Saharaui un país bastante rico” Isto escribía José Agustín Goytisolo tras unha visita de intelectuais españois os campamentos do Frente Polisario en 1981. Un amplo texto de J.A.Goytisolo ilustra e complementa, con textos e fotografías, un álbum dobre (vinilo, claro está) con cancións épicas e populares interpretadas polo Grupo Nacional de Cantos e Danzas Populares Martir El Ulai Mustafa Sayez , disco publicado polo selo Guimbarda da Compañía Fonográfica Española en 1982.  Na capa do disco vai inxerida unha proclama: Polisario Vencerá! Corenta nos despois da publicación do disco, España volve deixar de lado o Frente Polisario e o pobo saharaui por segunda vez, a primeira foi cando o goberno colonial español abandonou aquelas terras, habería que dicir areas, deixando os saharauis a velas vir e, claro, chegaron os marroquís como novos col

Como esperando abril: “Cando os lobos escoitaban a radio” (Non á guerra, non á invasión de Ucraina)

Imaxe
Esperando abril Abril é un mes de esperanzas, quizais a paz, quizais boa saúde, quizais máis amor, quizais...  un novo libro. Xa choveu dende que en 1975 Silvio Rodríguez , gran poeta e un dos referentes da Nueva Troba Cubana , editase o disco “ Días y flores ” que inclúe a canción “Como esperando abril”: Mucho más allá de mi ventana / las nubes de la mañana / Son una flor que le ha nacido a un tren /... E claro que choveu: Abril, augas mil. Abril, confirmación dos gromos, rexurdir da primavera, case un mes cunqueiriano por aquelo de “Mil primaveras máis para Galicia”.   Coma os amores de xuventude, as esperanzas e os soños de cada mes de abril veñen marcadas polos acontecementos, pola contorna, polo que nos rodea: guerra, pandemia, disparatado custo da vida, abuso das enerxéticas e dos grandes capitais multinacionais, incertezas... So nos queda manter a vida coma unha loita diaria pola supervivencia, apoiados, iso si, neses detalles un perro (no meu caso dúas gatas e un gato), un

Mitos, ritos y leyendas de Galicia (II) (Non á guerra, non á invasión de Ucraína)

Imaxe
O libro tivo inicialmente unha capa na que o motivo principal era a Pedra da Serpe de Gondomil , no concello de Ponteceso, un petróglifo no que se aprecia unha serpe con ás. Esta capa inicial mantívose na segunda edición. A terceira edición muda a cara do libro; agora, en tons pasteis de verde e azul aparecen o cáliz do escudo de Galicia , como xurdindo entre as rochas dun mar bretemoso, e a imaxe do Santiaguiño do Monte de Padrón . A verdade é que nunca me gustou esta capa coa que o libro acadou ata a décimo primeira edición. No 2010 saíu a décimo segunda edición, revisada e ampliada, cunha nova capa na que o tema principal é un petróglifo dos chamados “labirintos”, para min máis lograda e representativa do sentido do libro. E dende aquela ata hoxe con esa terceira capa. "Mitos, ritos y leyendas de Galicia" deunos, a Xosé Antonio Domelo e a min, moitas satisfaccións que nos só teñen que ver coas vendas e as sucesivas edicións, tamén ao ver como se interesaban por el bi

A Radio e as radios, e os lobos (Non á Guerra, Non á invasión de Ucraína)

Imaxe
Nesta radio o avó Valentín sintonizaba "radio Ferradillo" e "a Pirenaica" Un paradigma da ciencia di: “ A enerxía  non se crea nin se destrúe, transfórmase ”. Algo semellante poderíamos dicir da “RADIO” : primeiro foron as radios galenas , despois houbo un adianto incrible coas radios de válvulas , que nos últimos anos chegaron a sintonizar en Frecuencia Modulada (FM), até que chegou a revolución dos transistores que conviviu co éxito da televisión e dos vídeos, que nunca acabaron coa estrela da radio. A era dixital supuxo outra transformación... pero a radio perdura, segue aí, coa inmediatez,  informando, formando e divertindo. O que importa é o contido , o que chega os nosos receptores, sexan de válvulas ou transistores, sexan teléfonos móbiles ou ordenadores, a clave está no que nos contan. Cando as emisoras de radio españolas so contaban o que os organismos censores permitían, os oíntes, os que escoitaban a radio, buscaban nas diferentes teclas e nas distin

Os lobos (Non á guerra, Non á invasión de Ucraína)

Imaxe
O lobo representa para min liberdade, independencia, beleza, misterio, ferocidade..., e tamén a épica da supervivencia en condicións extremas, tanto polos lugares onde vive como por estar en permanente perigo por culpa do ser humano. Tamén admiro, na distancia, este animal polo seu significado mitolóxico , por formar parte das lendas da nosa terra e doutras terras moi distantes. A mención da palabra “lobo” xera no ser humano sensacións encontradas, non deixa a ninguén indiferente. Se os defensores da natureza defenden o lobo,  nas pequenas vilas e aldeas non queren saber nada del, témeno, ódiano, desprezan ese animal e, de poderen, acabarían con el. No rural ese pensamento de odio o lobo mantense, porque mata o gando chegando incluso a asexar as casas das aldeas de montaña cando a neve é moita e o alimento escaso; en certa ocasión nos Ancares , sentín os lobos no exterior do cuarto onde durmía e, á mañanciña vin as pegadas debulladas na neve e na lama. Por iso, a palabra “lobo” ta

Mitos, ritos y leyendas de Galicia (Non á guerra, Non á invasión de Ucraína)

Imaxe
  Dezanove edicións deste libro falan claramente d un éxito de vendas continuado no tempo dende que no ano 2000 saíse a primeira das edicións desta obra. Este meu primeiro libro fora un encargo do director de MR Ediciones , do grupo Planeta, para que Galicia, coas lendas e as tradicións, formase parta dunha colección que na editorial definiron como “máxica”. Daquela, condicionado pola intensidade do traballo que levaba a cabo na TVG, nun programa que dirixía e presentaba e que implicaba estar viaxando con frecuencia, e pola urxencia nos prazos para a publicación, propúxenlle a meu amigo Xosé Antonio Domelo , guionista e reporteiro da TVG, escribir o libro a catro mans, convite que aceptou e que repetimos noutra publicación anos máis tarde. Despois duns meses de documentación e estruturación do traballo, percorremos Galicia varias veces; fixemos máis de 4500 km visitando museos, restos arqueolóxicos, centros de interpretación, mosteiros e capelas, fragas, vilas mariñeiras e lugares

O Endurance no fondo do mar. (Non á guerra. Non á invasión de Ucraína)

Imaxe
O  Endurance e a tripulación atrapados no xeo. Fotos de Frank Hurley O Endurance   é un barco que descansa no fondo do mar de Weddell no océano Antártico . Trátase dun crebaxeos fretado polo explorador irlandés Ernest Shakleton para “conquistar” o Polo Sur no ano 1914.  O barco quedou apresado e esmagado polo xeo, polo que a tripulación realizou unha viaxe extraordinaria en zorras tiradas por cans coas que se desprazaron polo xeado mar de Weddell ata chegar á illa Elefante .   A expedición o Polo Sur fracasara. Porén, a Expedición Imperial Transantártica, que así se chamaba, pasou á historia das exploracións grazas á pericia do líder Shakleton que foi quen de rescatar con vida a todos os expedicionarios que formaban parte da tripulación, incluído Frank Hurley o fotógrafo da expedición grazas a quen temos documentada a epopea. Foto da expedición chilena Estes días, unha expedición chilena a bordo del buque S.A. Agulhas II,  das que fan arqueoloxía e exploracións do s.XXI, atopou

San Pedro de Rocas (NON Á INVASIÓN DE UCRAÍNA)

Imaxe
  Captura de GoogleMaps O mosteiro de San Pedro de Rocas é un dos grandes atractivos do patrimonio monumental galego, unha das xoias da Ribeira Sacra no concello ourensán de Esgos. Disque xa existía no s.VI e hai historias antigas e lendas asociadas a el. Se o mosteiro en si mesmo é importante, non é menos a situación, o lugar onde se atopa, a contorna espectacular que o acolle, con outeiros e abas nos que as formas caprichosas de elementos rochosos e a riqueza dos bosques con especies autóctonas, e outras non tanto pero que levan ducias de anos no lugar, proporciónanlle todo o atractivo que ten. Pequeno souto de castiñeiros de indias orixinario de San Pedro de Rocas Sempre que visitei San Pedro de Rocas, e non foron poucas veces, sentín o seu atractivo moito antes de chegar circulando pola estreita pista que lle da acceso, unha pista rodeada de árbores que non so aportan  (creo que xa debo escribir “aportaban”) a beleza natural de seu, senón tamén a sensación de misterio, espiri

As cores do inverno #NonÁGuerra

Imaxe
  A estas alturas do inverno, cando a nosa terra recuperou a necesaria e estrañada paleta de grises no ceo e na terra, cando non sabemos por que lle chaman cicloxéneses a estas   borrascas ou temporais de inverno, coma sempre foron coñecidas, cando vemos que o muro é menos consistente do que pensabamos e que Invernalia é moito máis vulnerable do que críamos, precisamos algo de cor entre as chuvieiras, non vaia ser que o inverno, o da morte e destrución, o da fame, o da dor e a represión, o da guerra, dure tanto como temían os protagonistas da serie Xogo de tronos . Cando as guerras e as desgrazas pasan a ser noticias cuantificadas con datos, convertendo a dor en estatísticas e números, o terror perde forza no ser humano , acomódase nas nosas mentes como algo que pode ser superado ou que “non era para tanto”. E aí é onde gañan os ditadores, os oligarcas especuladores señores da guerra : na división e na crítica interna   entre todos nós. Máis alá de ideoloxías e de partidismos, o

Madrid, un espellismo. (NON Á GUERRA. Fora Rusos de Ucraína)

Imaxe
  Os idiomas non son inimigos de ninguén . Quizais os ignorantes pensen o contrario, como tamén o pensan algunhas forzas políticas e algúns políticos de outras forzas. Hai xente que cre que se alguén se expresa en galego , éuscaro ou catalán o fai por militancia política, sen decatárense de que os idiomas de cada territorio do mundo entran en cada persoa coma o leite materno. Teño amigos galegos residentes en Madrid que seguen empregando o galego, quizais aínda con máis empeño, cando se encontran entre galegos   ou cando se comunican cos da terra. Porén, tamén coñezo outros galegos que ao chegaren a Madrid, incluso a Barcelona, inmediatamente mudaron o seu rexistro ao castelán, liberándose dalgún xeito da carga da súa lingua propia, á que non aman. “E que tes que entender, co castelán chego a unha maior audiencia –xustifican” . A vida levoume por moitos países do mundo e podo dicir que falei galego en todos eles, até en Alaska  e Australia atopei con quen!! (por sinalar dous exe

Un pouco de amor “I can help” (NON Á INVASIÓN DE UCRAÍNA)

Imaxe
Non me resulta doado facer  “ vida normal ” cando hai guerra, cando un psicópata con delirios invade un país, aniquila un pobo, só porque pode e porque quere demostrar o seu poderío fronte o xuízo das potencias coma EEUU ou a Unión Europea ante a ameaza nuclear que destruiría a civilización e quizais a vida no planeta. Por iso mesmo, fago unha pausa para pensar en todo o contrario: no amor, na familia, nos amigos, na cultura, nas artes e na música, en todos e todo canto forma parte do meu presente e do meu pasado. “ I can help ” foi o único grande éxito do músico norteamericano Billy Swan . Lembro que escoitei a canción por primeira vez na radio sendo adolescente, e que me impactou pola sinxeleza da melodía e pola mensaxe nada intrusiva cara a muller  que ama o protagonista na vida da muller da que non forma parte, algo pouco habitual daquela, nos anos 70 do século pasado. Eran tempos nos que   guerra e terrorismo , eran algo cotiá, Vietnam, Oriente Medio, Turquía invade Chipre, Indo