Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2012

Tonnerres de Brest 2012 (e 2)

Imaxe
O presidente de quenda do Comité Olímpico Internacional, cada vez que rematan uns xogos olímpicos excepcionais (de momento os de Barcelona son míticos) di a seguinte frase: “rematan aquí os mellores xogos da historia” ou non, como pasou un par de veces despois dos de Barcelona nos que a frase foi “rematan aquí uns  magníficos (que non os mellores da historia) xogos”.   Les tonnerres de Brest 2012   foi unha excelente festa marítima. O   Capitán Haddock , non sei se por estar demasiado peneque ou quizais por ter bebido demasiado pouco,    non trouxo demasiada sorte á festa aínda que resultou ser unha gran festa (na que o famoso capitán non foi o único que se pasou coa cervexa). Entre a crise económica que afecta a medio mundo (o outro medio vive nela permanentemente) e os tremendos “tonnerres” que afectaron a   Brest   e a toda a ruta de acceso por mar á cidade, moitas embarcacións inscritas non acudiron á cita. O mal tempo dos dous primeiros días, a pesar de que o 14 de xullo

Tonnerres de Brest 2012 (1)

Imaxe
“ Nunca tal vin ”, “ Que fasquía ”, “ As máis fermosas embarcacións a vela do mundo ”, “ Que festa ”… dicían tantas voces cando falaban sobre a festa marítima de embarcacións tradicionais que cada catro anos se celebraba nos portos da cidade bretoa de Brest . Todo eran boas palabras para definir a presenza de embarcacións e mariñeiros nun encontro, nunha festa de cinco días, na que as xentes do mar convivían con curiosos e turistas de mar e terra que acudían a milleiros a gozar de tanto mastro, de tanta vela ao vento, de boa compañía, de musica con diferentes harmonías e raizames,  de historias de barcos e mariñeiros. A festa marítima de Brest arrancou en 1992, quizais pensada como evento cultural e empresarial ao tempo para sacarlle rendemento económico a unha festa que xa celebrada dende facía varios anos na vila veciña do sur da badía, península de Crozón por medio, chamada Douarnenez . Daquela acudiran xa a Brest algúns galegos de Ribeira atraídos polos cantos d