Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

Camiño de Santiago

Imaxe
O Camiño Francés. No mes de setembro de 2004, en pleno Xacobeo , Victorino mais eu, co axudante de cámara Mati , fixemos o Camiño de Santiago por excelencia, o Camiño Francés. O 23 de outubro daquel ano O Camiño de Santiago ía recibir o Premio Príncipe de Asturias á Concordia e o noso traballo ía ser, e foi, elixido para emitir na TVG xusto despois da retransmisión de entrega do Premio en Oviedo. En Puente La Reina Para tan longa viaxe na que as paradas eran o máis importante e as historias do camiño o noso obxectivo, fixemos unha importante preparación no tocante  a esquema de traballo, documentación, produción e, incluso,  fisicamente xa que sabíamos da dureza do mesmo tendo en conta as zonas gastronómicas e vitivinícolas que o Camiño Francés atravesa. Tiñamos que estar á altura das circunstancias. Diante da fachada da catedral de Burgos Seguimos o mesmo esquema de Historias de Compostela , steadycam e planos secuencia, rematamos de escribir os guións nos hoteis