Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

Biblioteca de autor: 2. Sonata de Otoño - Valle-Inclán

Imaxe
Foi por casualidade que Sonata de Otoño se convertera no primeiro texto de Valle-Inclán que lin. Quizais é por iso que me marcou tanto á hora de introducirme na obra do autor que revolucionou no seu momento as letras españolas. A Sonata de outono , as sonatas , son obras moi galegas, non so polo espazo e a ambientación senón tamén polo xeito de construír e narrar. Tamén é una obra moi celta, segundo conclúe un dos especialistas na obra de Valle-Inclán, Darío Villanueva (actual presidente da Real Academia Española), na introdución á Narrativa Completa que publicou Espasa en 2010: Yeats nace no mesmo decenio que Valle-Inclán e, no ano de Sonata de Otoño presenta a versión definitiva de The Celtic Twilight , un feixe de relatos de marcada inspiración na antropoloxía cultural irlandesa… O propio Yeats comeza o seu estudio  sobre The Celtic Element in Literature citando a Ernest Renan e a Matthew Arnold para quen  o característico destes pobos, entre os que a Galicia de Vall

Biblioteca de autor: 1. El corazón de las tinieblas - Joseph Conrad

Imaxe
Teño unha querencia especial por este libro, Heart of darkness de Joseph Conrad ,  por iso abre a miña biblioteca de autor. Cada vez que leo una nova versión (enténdase, una nova tradución) descubro algo novo na obra de Conrad.  Non é o único libro de este autor que me perturba, hai outros textos como Con la soga al cuello ou El espejo del mar , pero é con Corazón da escuridade onde me gusta bucear para tratar de entender mellor o ser humano.Este libro foi editado en español como El corazón de las tinieblas, con artigos, a pesares de que no idioma orixinal, o inglés empregado por este polaco nado na actual Ucraina, non os ten. En galego existen dúas versións. A que eu teño na miña biblioteca é a da Edicións Positivas , Corazón da escuridade ,  con tradución e notas de Manuel Outeiriño . Si ben é certo que cada lectura resulta unha sorpresa, debo dicir que a versión en galego e a da Biblioteca Conrad de Alianza Editorial , traducida por Araceli García Ríos e Isabe