Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2011

Sobre o Premio Xerais de Novela 2011

Imaxe
Gañadores e xurados dos Premios Xerais 2011 (imaxe de Xerais) Teño asistido a moitos premios literarios e sei como vai o tema. A mediados de abril recibín a chamada de Manuel Bragado , director de Edicións Xerais de Galicia , na que me invitaba a formar parte do xurado do Premio Xerais de Novela .   Tería que ler uns oito ou dez libros, que finalmente foron quince, en dous meses e cadraba cunha pausa na gravación do programa cultural EIRADO , do que entre outras cousas son presentador, programa que se emite na TVG2 os sábados ás 22:50 horas. Os contras eran un par de viaxes de por medio e a necesidade de rematar canto antes un libro que teño entre mans para o vindeiro outono. Por outra banda estaba a responsabilidade de exercer como xurado nun premio tan importante, tan prestixioso e tan anhelado por calquera escritor galego que se teña en consideración, e con grandes nomes enchendo o seu palmarés. Dixen que si. Dixen que si despois de escoitar a Bragado,a Celia Torres (comunicación)