Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Cando os lobos escoitaban a radio (Sinopse)

Imaxe
  En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película Foise co vento . A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda e seis anos dende que tamén rematara a II Guerra Mundial. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca d o Bierzo , das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera , un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. Cada vez estaban máis acurralados polas forzas da orde, por pistoleiros fanáticos e por caza recompensas amparados pola lei. Unha historia épica, de supervivencia, de desesperación e de esperanza, afastada de posicionamento

Cando os lobos escoitaban a radio (entre piñeiros)

Imaxe
Con estas fotografías do libro entre bonsais , pretendo ir chamando a atención e espertando a curiosidade dos amigos e seguidores nas redes sociais. A novela vai estar axiña nas librerías , a disposición dos lectores interesados nela. Adiantar que, como nas miñas novelas anteriores nas que unha muller o varias eran protagonistas, nesta tamén hai unha muller narradora e protagonista ; so que en Cando os lobos escoitaban a radio son tres os narradores. Na contra do libro, a editorial, Xerais , inseriu as seguintes palabras: “En Cando os lobos escoitaban a radio Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora”. Sen deixar de ser conmovedora, que o é, eu debo incidir na épica que move ao ser humano ata metas inimaxinables, para ben ou para mal, na procura dun obxectivo que enaltece ou para alimentar os miserentos. 

Jonesy, “Cando os lobos escoitaban a radio” e o piñeiro bonsai

Imaxe
Jonesy atenta á novela xunto ao bonsai   A novela CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO , editada por Xerais , chegará ás librerías o 14 de abril , día da República, que este ano 2022 cadra en plena Semana Santa. Na foto que ilustra este texto, a novela comparte protagonismo coa gata Jonesy , quen pasa dos 15 anos, e co piñeiro bonsai orixinario do Cebreiro que leva no xardín outros 16 anos, e xa tiña cinco ou seis cando chegou a min. Tres seres queridos compartindo espazo.

CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO

Imaxe
CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO editado por Xerais, dende o 14 de abril nas librerías.