Aínda mantedes conta en (Twitter) X? Non busquedes xustificación se realmente sodes demócratas (non do Partido Demócrata  dos EEUU) e credes na Democracia. Se en Twitter corrían trolas, dende que se chama X porque a mercou Elon Musk, é unha fábrica de mentiras, de noticias falsas, de desestabilización política e social, de facer dano atendendo so a intereses  ben escuros.

Chegou a era dos ILUMINADOS, xente que coas novas tecnoloxías acadou tanta riqueza e con ela tanto poder que se creen que son como os seus ídolos, os súper heroes da iconografía tan sumamente infantil da sociedade americana, aspecto ese que  se propaga polo mundo como un virus mortal e silencioso, que atenta contra os valores e os principios nos que sempre se apoiou a sociedade europea, con historia, cultura, literatura, cine de calidade (sen pistolas para matar mosquitos ou o que se poña por diante).

Todos eses iluminados,  cando teñen que se posicionar politicamente, escollen sempre os defensores da ignorancia,  da incultura, das armas, da forza bruta, dos charlatáns, dos mentireiros, porque son como eles, e aliméntanse as respectivas vaidades uns a outros. Queren nomes? Trump é o primeiro, pero hai moitos outros como Orban, Putin, Netanyahu, Milei (está celebrando a vitoria de Trump con champán), Abascal, o ventrílocuo Miguel Ángel Rodríguez e a súa boneca de trapo Isabel Díaz Ayuso, e uns cantos máis que Feijóo ten no seu partido.

Isto vai a máis, porque é moi cómodo ser vago e fanfurriñeiro, no
n require esforzo. E namentres, igual que os Demócratas en EEUU, a esquerda española e europea acumulando anos dividida e dando as costas aos traballadores. Cóctel perfecto.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Semana Santa en la memoria