Publicacións

El "grupo salvaje" en Oviedo

Imaxe
El "grupo salvaje" en Oviedo Parafraseando a Sam Peckinpah , el periodista asturiano Tino Pertierra bautizó la reunión de amigos del pasado fin de semana (9 y 10 de marzo de 2024) como el del reencuentro del  Grupo Salvaje . Ni éramos tantos, solo cuatro, ni tan malotes, aunque sí con esas ínfulas de ser muy particulares. A la sombra de la hermosa catedral de Oviedo tuvo lugar la quedada : El mencionado Tino Pertierra, que jugaba en casa, el maestro de los periodistas culturales españoles Alfonso García , llegado desde León, y Xurxo Fernández , quien desarrolló buena parte de su actividad como periodista cultural y gastronómico en El Correo Gallego,  y el que suscribe, Pemón Bouzas, llegados desde ambos desde Santiago de Compostela.  Nuestra amistad se remonta a años atrás, bastantes, cuando la cimentamos octubre tras octubre en el Premio Planeta de novela en la ciudad de Barcelona, tan acogedora, como también lo son los responsables de la editorial quienes, contra viento

A rapaza da perla

Imaxe
  Recomendación visual: deleitarse coa obra de Johannes Vermeer “ A rapaza da perla ” escoitando a “ Serenata ” de Franz Schubert interpretada por Camille Thomas and Beatrice Berrut.  https://www.youtube.com/watch?v=_JpXlliAn2Iç Schubert foi un romántico, a súa música é definitoria. Vermeer, porén, é un dos máximos expoñentes do barroco; aínda así, se un é quen de deterse a observar a súa obra, atreveríame a dicir que hai un halo romántico nas súas escenas cotiás. A mirada da rapaza da perla , a súa doce expresión traslada o espectador   a un espazo e un tempo limpos e puros. Romántico pode resultar, dende unha visión contemporánea, o achado dunha perla nun molusco bivalvo, normalmente ostras.   A noticia que ocupou espazo en todo tipo de medios estes días fai alusión á prezada xoia atopada de forma casual por una rapaza no interior dunha ameixa xapónica , das que se cultivan na ría de Muros-Noia , cando degustaba un exquisito prato de ameixas á mariñeira no restaurante no que el

Pensadores vs Usuarios

Imaxe
  Recomendación para esta lectura : Observar con calma a obra " O pensador " de Rodin e escoitar ' Casta diva ' da ópera 'Norma' de Bellini interpretada por Joan Sutherland  https://youtu.be/iK2LwLyZAlc Vivimos uns tempos nos que a filosofía da vida se resume na ecuación acción/reacción . Alguén  fai un comentario e inmediatamente recibe a resposta. Comentarios breves, a ser posible, porque máis alá dos 140 carácteres ou dos dous minutos e medio de podcast , vídeo ou calquera outro formato nas redes deixa de interesar. Na maioría das ocasións, a acción , a mensaxe, que alguén fai pública ou comparte en medios ou en redes, está mais ou menos pensada e ten como obxectivo a difusión dunha idea. A reacción , escrava da inmediatez, case nunca é pensada. E aí é onde comeza o debate, un debate baleiro de contidos pero case sempre cheo de ignorancia e testosterona, aínda que haxa mulleres de por medio. Boa parte da culpa dese mal que nos afecta como sociedade é intr
Imaxe
O día 23  de abril, Día do Libro, Almudena de Urzaiz e os compañeiros do Bos Días Fin de Semana de TVG fixéronme unha entrevista en plató. A primeira entrevista co libro Cando os lobos escoitaban a radio como protagonista. Moi agradecido a Almudena e a todo o equipo. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-fds-5618372?t=2328?t=2328

Cando os lobos escoitaban a radio. Revista de prensa: TVG, TX Mediodía

Imaxe
O 22 de abril de 2022, véspera do Día do Libro, Marta Darriba   e os compañeiros do TX Mediodía   da Televisión de Galicia tiveron a ben facer unha breve recensión de Cando os lobos escoitaban a radio , sendo a estrea en medios do meu novo libro, recentemente publicado por Xerais . Moi agradecido. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5616344?t=2628

Cando os lobos escoitaban a radio (Sinopse)

Imaxe
  En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película Foise co vento . A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda e seis anos dende que tamén rematara a II Guerra Mundial. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca d o Bierzo , das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera , un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. Cada vez estaban máis acurralados polas forzas da orde, por pistoleiros fanáticos e por caza recompensas amparados pola lei. Unha historia épica, de supervivencia, de desesperación e de esperanza, afastada de posicionamento

Cando os lobos escoitaban a radio (entre piñeiros)

Imaxe
Con estas fotografías do libro entre bonsais , pretendo ir chamando a atención e espertando a curiosidade dos amigos e seguidores nas redes sociais. A novela vai estar axiña nas librerías , a disposición dos lectores interesados nela. Adiantar que, como nas miñas novelas anteriores nas que unha muller o varias eran protagonistas, nesta tamén hai unha muller narradora e protagonista ; so que en Cando os lobos escoitaban a radio son tres os narradores. Na contra do libro, a editorial, Xerais , inseriu as seguintes palabras: “En Cando os lobos escoitaban a radio Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora”. Sen deixar de ser conmovedora, que o é, eu debo incidir na épica que move ao ser humano ata metas inimaxinables, para ben ou para mal, na procura dun obxectivo que enaltece ou para alimentar os miserentos.