Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

Biblioteca de autor 6: Las brujas de Salem o El Crisol (The Crucible)

Imaxe
Unha das maravillas que caeron nas miñas máns hai anos foi a obra do dramaturgo Arthur Miller “ Las brujas de Salem o El Crisol ” con título orixinal en inglés “ The crucible ”. Trátase dunha obra de teatro inspirada nos dramáticos sucesos que aconteceron na pequena vila de Salem , Massachussets , polo ano 1692 no que 19 mulleres novas foron queimadas por bruxaría e entre 200 e 300 foron acusadas en maior ou menor medida de participaren en actos impuros, diabólicos, prohibidos pola sociedade puritana daquela provincia americana de finais do s.XVII.  Caza de bruxas para  disfrazar outros intereses, coma sempre, económicos, políticos, de dominio sobre outras familias rivais, sobre outros pensamentos.  Interesabame moito o tema por todos os elementos que rodeaban os fitos históricos como polo tratamento literario feito por Miller na súa exitosa obra. Porén, durante aquela primeira lectura que me abraiou, descoñecía que Miller escollera ese tema como metáfora da caza de bru

Cartas de amor e vida: Pilarucha

Imaxe
De súpeto, entrei na túa casa una tarde noite de inverno. Entre lusco e fusco agardei no estudo separado do recibidor por unhas portas de madeira e cristal. Case que toda a estancia estaba ateigada de libros ordenados co xeito de quen é lector. A luz era cálida coma o ambiente que rodeaba aquel fogar cun oso como patriarca. Pero o que máis me impresionou foron as pinturas que colgaban das paredes, obras de arte pintadas por alguén coma ti, Pilarucha , unha muller co don da beleza que as túas mans souberon trasladar aos lenzos. Cada vez que se me abriu a porta  desa rosa que moitos anos despois, segues a dominar dende a túa randeeira matriarcal, sempre, quedaba abraiado polo enfeitizo dos teus cadros.  Lémbrome deles cando o destino me cruza con algún dos teus fillos, cando vou a Viveiro tan de cando en vez,  e tamén cada vez que lle voto unha ollada a “ Rastro de un sueño ”, un dos libros de relatos de Hermann Hesse , exemplar que ti me regalaches para achegarme á literatura do p