Madrid, un espellismo. (NON Á GUERRA. Fora Rusos de Ucraína)


 

Os idiomas non son inimigos de ninguén. Quizais os ignorantes pensen o contrario, como tamén o pensan algunhas forzas políticas e algúns políticos de outras forzas. Hai xente que cre que se alguén se expresa en galego, éuscaro ou catalán o fai por militancia política, sen decatárense de que os idiomas de cada territorio do mundo entran en cada persoa coma o leite materno. Teño amigos galegos residentes en Madrid que seguen empregando o galego, quizais aínda con máis empeño, cando se encontran entre galegos  ou cando se comunican cos da terra.

Porén, tamén coñezo outros galegos que ao chegaren a Madrid, incluso a Barcelona, inmediatamente mudaron o seu rexistro ao castelán, liberándose dalgún xeito da carga da súa lingua propia, á que non aman. “E que tes que entender, co castelán chego a unha maior audiencia –xustifican”. A vida levoume por moitos países do mundo e podo dicir que falei galego en todos eles, até en Alaska  e Australia atopei con quen!! (por sinalar dous exemplos tan afastados da terra).

Escribo en galego, falo en galego e sinto en galego. Quen me queira entender, pódeo facer con calquera das moitas aplicacións de tradución que as novas tecnoloxías poñen o noso servizo.  Ningún idioma é inimigo meu, cantos máis coñeza mellor para min.

Sería extraordinariamente fermoso que os políticos galegos falasen en galego na nosa terra e que, cando fosen preguntados noutros idiomas fosen quen de saberen responder en castelán, inglés, catalán, francés... 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Semana Santa en la memoria