Como esperando abril: “Cando os lobos escoitaban a radio” (Non á guerra, non á invasión de Ucraina)

Esperando abril

Abril é un mes de esperanzas, quizais a paz, quizais boa saúde, quizais máis amor, quizais...  un novo libro.

Xa choveu dende que en 1975 Silvio Rodríguez, gran poeta e un dos referentes da Nueva Troba Cubana, editase o disco “Días y flores” que inclúe a canción “Como esperando abril”: Mucho más allá de mi ventana / las nubes de la mañana / Son una flor que le ha nacido a un tren /... E claro que choveu: Abril, augas mil. Abril, confirmación dos gromos, rexurdir da primavera, case un mes cunqueiriano por aquelo de “Mil primaveras máis para Galicia”.   Coma os amores de xuventude, as esperanzas e os soños de cada mes de abril veñen marcadas polos acontecementos, pola contorna, polo que nos rodea: guerra, pandemia, disparatado custo da vida, abuso das enerxéticas e dos grandes capitais multinacionais, incertezas... So nos queda manter a vida coma unha loita diaria pola supervivencia, apoiados, iso si, neses detalles un perro (no meu caso dúas gatas e un gato), un bastón, una mano, una fe, tal como di a canción.


Aí están os gatos, a familia, os amigos, os que me queren, e os libros, os que leo e os que escribo. Axiña, en abril, novas lecturas e novo libro: Cando os lobos escoitaban a radio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio