Mitos, ritos y leyendas de Galicia (II) (Non á guerra, non á invasión de Ucraína)




O libro tivo inicialmente unha capa na que o motivo principal era a Pedra da Serpe de Gondomil, no concello de Ponteceso, un petróglifo no que se aprecia unha serpe con ás. Esta capa inicial mantívose na segunda edición.

A terceira edición muda a cara do libro; agora, en tons pasteis de verde e azul aparecen o cáliz do escudo de Galicia, como xurdindo entre as rochas dun mar bretemoso, e a imaxe do Santiaguiño do Monte de Padrón. A verdade é que nunca me gustou esta capa coa que o libro acadou ata a décimo primeira edición.

No 2010 saíu a décimo segunda edición, revisada e ampliada, cunha nova capa na que o tema principal é un petróglifo dos chamados “labirintos”, para min máis lograda e representativa do sentido do libro. E dende aquela ata hoxe con esa terceira capa.

"Mitos, ritos y leyendas de Galicia" deunos, a Xosé Antonio Domelo e a min, moitas satisfaccións que nos só teñen que ver coas vendas e as sucesivas edicións, tamén ao ver como se interesaban por el bibliotecas e departamentos dun bo puñado de universidades polo mundo adiante, estando entre as primeiras a suíza de Neuchâtel e a californiana de Berkeley. Pero sobre todo o retorno dos lectores, a presenza do libro entre os máis vendidos nos aeroportos galegos durante anos, e a participación en cursos, conferencias e artigos para revistas de prestixio e venda en toda España foron alicerces importantes para o que ía ser a miña segunda profesión: autor de libros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio