O Endurance no fondo do mar. (Non á guerra. Non á invasión de Ucraína)
O Endurance e a tripulación atrapados no xeo. Fotos de Frank Hurley |
Foto da expedición chilena |
Estes días, unha expedición chilena a bordo del buque S.A. Agulhas II, das que fan arqueoloxía e exploracións do s.XXI, atopou os restos bastante completos do Endurance a 3000 metros de profundidade e a 7,5 km de deriva do lugar onde o abandonaran os expedicionarios.
A principios do s.XX poucos lugares do planeta quedaban por “descubrir”;
poucos retos para os exploradores que se movían pola épica que empurra a homes
e mulleres a asumiren empresas heroicas, dramáticas moitas veces, exitosas outras.
Entre eses poucos lugares estaban os dous Polos. A eses anos, a cabalo entre os
séculos XIX e XX, foron coñecidos coma a “era polar” polos intentos de
numerosos exploradores por seren os primeiros en “conquistar” eses puntos
xeográficos tan extremos.
Comentarios
Publicar un comentario