As cores do inverno #NonÁGuerra

 


A estas alturas do inverno, cando a nosa terra recuperou a necesaria e estrañada paleta de grises no ceo e na terra, cando non sabemos por que lle chaman cicloxéneses a estas  borrascas ou temporais de inverno, coma sempre foron coñecidas, cando vemos que o muro é menos consistente do que pensabamos e que Invernalia é moito máis vulnerable do que críamos, precisamos algo de cor entre as chuvieiras, non vaia ser que o inverno, o da morte e destrución, o da fame, o da dor e a represión, o da guerra, dure tanto como temían os protagonistas da serie Xogo de tronos.


Cando as guerras e as desgrazas pasan a ser noticias cuantificadas con datos, convertendo a dor en estatísticas e números, o terror perde forza no ser humano, acomódase nas nosas mentes como algo que pode ser superado ou que “non era para tanto”. E aí é onde gañan os ditadores, os oligarcas especuladores señores da guerra: na división e na crítica interna  entre todos nós.

Máis alá de ideoloxías e de partidismos, o que cumpre é o sentidiño, o sentido común das persoas, dos cidadáns das sociedades democráticas e a esixencia dun comportamento similar nos que nos representan. Pensamentos diferentes, diversidade, diálogo, democracia..., deben estar presentes nos nosos principios.

Por iso, diante do terror: UNIDADE

NON Á GUERRA.

FORA TROPAS RUSAS DE UCRAÍNA.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio