Os lobos (Non á guerra, Non á invasión de Ucraína)



O lobo representa para min liberdade, independencia, beleza, misterio, ferocidade..., e tamén a épica da supervivencia en condicións extremas, tanto polos lugares onde vive como por estar en permanente perigo por culpa do ser humano. Tamén admiro, na distancia, este animal polo seu significado mitolóxico, por formar parte das lendas da nosa terra e doutras terras moi distantes. A mención da palabra “lobo” xera no ser humano sensacións encontradas, non deixa a ninguén indiferente.

Se os defensores da natureza defenden o lobo,  nas pequenas vilas e aldeas non queren saber nada del, témeno, ódiano, desprezan ese animal e, de poderen, acabarían con el. No rural ese pensamento de odio o lobo mantense, porque mata o gando chegando incluso a asexar as casas das aldeas de montaña cando a neve é moita e o alimento escaso; en certa ocasión nos Ancares, sentín os lobos no exterior do cuarto onde durmía e, á mañanciña vin as pegadas debulladas na neve e na lama. Por iso, a palabra “lobo” tamén é empregada para expresar salvaxismo, falla de sociabilidade, para referirse aos que levan unha “mala vida” indo polos montes dun lado a outro sen ter un fogar de seu.

Viven coma lobos” dicían dos que escapaban dunha morte segura tirándose ao monte durante a Guerra Civil e na longa posguerra. Moitos daqueles que decidiron non agardar na casa, resignados ante a visita dos matóns falanxistas que os levarían  a un tráxico “paseo”, pasaron a vivir coma lobos uníndose as guerrillas antifranquistas. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio