A Radio e as radios, e os lobos (Non á Guerra, Non á invasión de Ucraína)


Nesta radio o avó Valentín sintonizaba "radio Ferradillo" e "a Pirenaica"


Un paradigma da ciencia di: “A enerxía  non se crea nin se destrúe, transfórmase”. Algo semellante poderíamos dicir da “RADIO”: primeiro foron as radios galenas, despois houbo un adianto incrible coas radios de válvulas, que nos últimos anos chegaron a sintonizar en Frecuencia Modulada (FM), até que chegou a revolución dos transistores que conviviu co éxito da televisión e dos vídeos, que nunca acabaron coa estrela da radio. A era dixital supuxo outra transformación... pero a radio perdura, segue aí, coa inmediatez,  informando, formando e divertindo. O que importa é o contido, o que chega os nosos receptores, sexan de válvulas ou transistores, sexan teléfonos móbiles ou ordenadores, a clave está no que nos contan.

Cando as emisoras de radio españolas so contaban o que os organismos censores permitían, os oíntes, os que escoitaban a radio, buscaban nas diferentes teclas e nas distintas frecuencias outras emisoras que chegaban de moi lonxe con mensaxes de liberdade en forma de noticias de calquera tipo, músicas aquí prohibidas, voces aquí censuradas. Emisoras en Onda Media e Onda Curta que facían programacións en liberdade en América e en Europa, algunhas delas emitindo en castelán, coma Radio Francia, a BBC ou Radio España Independiente, a Pirenaica, a radio dos exiliados que emitía para eles e para os que quedaron. A radio que chegaba de fora era libre.

Houbo unha época na que na escuridade se escoitaba a radio, ás veces con moitas interferencias, pero os oíntes sentíanse un pouco libres e soñaban. Daquela era "Cando os lobos escoitaban a radio".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio