San Pedro de Rocas (NON Á INVASIÓN DE UCRAÍNA)


 

Captura de GoogleMaps


O mosteiro de San Pedro de Rocas é un dos grandes atractivos do patrimonio monumental galego, unha das xoias da Ribeira Sacra no concello ourensán de Esgos. Disque xa existía no s.VI e hai historias antigas e lendas asociadas a el. Se o mosteiro en si mesmo é importante, non é menos a situación, o lugar onde se atopa, a contorna espectacular que o acolle, con outeiros e abas nos que as formas caprichosas de elementos rochosos e a riqueza dos bosques con especies autóctonas, e outras non tanto pero que levan ducias de anos no lugar, proporciónanlle todo o atractivo que ten.


Pequeno souto de castiñeiros de indias orixinario de San Pedro de Rocas

Sempre que visitei San Pedro de Rocas, e non foron poucas veces, sentín o seu atractivo moito antes de chegar circulando pola estreita pista que lle da acceso, unha pista rodeada de árbores que non so aportan  (creo que xa debo escribir “aportaban”) a beleza natural de seu, senón tamén a sensación de misterio, espiritualidade, romanticismo..., a todo o espazo. Descoñezo o proxecto de ampliación do ancho da pista, aínda así penso que pode ser unha decisión pouco acertada, que lle vai facer perder parte da beleza que sempre ten un acceso avesío entre o bosque.

Sempre que estou pola zona, para min é de visita obrigada esta igrexa escavada nas rochas. Algunhas veces fun adrede facer reportaxes para TVG e tamén como invitado polos amigos de Cuarto Milenio. Alguén soubo hai anos da miña paixón polos bonsais e me agasallou con tres exemplares novos de castiñeiros de indias (Aesculus Hippocastanum), fillos eles dos introducidos arredor do mosteiro  nos primeiros anos do s.XX. O caso e que me acompañan dende entón, e son fermosos no inverno, sen follas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio