Cantos e danzas populares do Sáhara (Non á guerra)


“La explotación de los fosfatos de Bu Cráa y el banco pesquero situado en la plataforma litoral, pueden hacer de la República Democrática Árabe Saharaui un país bastante rico” Isto escribía José Agustín Goytisolo tras unha visita de intelectuais españois os campamentos do Frente Polisario en 1981. Un amplo texto de J.A.Goytisolo ilustra e complementa, con textos e fotografías, un álbum dobre (vinilo, claro está) con cancións épicas e populares interpretadas polo Grupo Nacional de Cantos e Danzas Populares Martir El Ulai Mustafa Sayez, disco publicado polo selo Guimbarda da Compañía Fonográfica Española en 1982.  Na capa do disco vai inxerida unha proclama: Polisario Vencerá!

Corenta nos despois da publicación do disco, España volve deixar de lado o Frente Polisario e o pobo saharaui por segunda vez, a primeira foi cando o goberno colonial español abandonou aquelas terras, habería que dicir areas, deixando os saharauis a velas vir e, claro, chegaron os marroquís como novos colonizadores.O disco non é dos que me namoran, pero ten o valor da tradición dun pobo e da súa loita pola liberdade e a emancipación. O disco paga a pena por todo, polas cancións, polo deseño e, por suposto, polo texto de Goytisolo. Que ben se editaba nos 70 e nos 80!!!

Polisario vencerá?  Teno un pouco máis complicado.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio