Defuntos: o purgatorio e os petos de ánimas
Peto de Ánimas de Santa Eulalia, Ponte Caldelas ©pemónbouzas Defuntos: o purgatorio e os petos de ánimas. A chegada do cristianismo a Galiza, a medida que se ía implantando na sociedade da antiga Gallaecia, ía aculturando as tradicións e crenzas dos pobos que a habitaban. Foi un xeito atraer crentes sen que renegaran de súpeto do que ata entón crían. Porén, no tocante á morte, un tema tan rico en lendas, rituais e tradicións en Galiza, non todo ten un significado pagán, ou si. Segundo o cristianismo, hai mortos que non van ao inferno pero tampouco ao ceo, ao paraíso, xa que non teñen créditos suficientes para pasar o corte. Eses desgraciados quedan no limbo, que de be ser algo así como a nube de Internet. Pasan a ser ánimas en pena deambulando polo purgatorio onde deben esforzarse en actos de contrición, pero tamén deben recibir axuda dos vivos, axudas a modo de pregarias, rezos, misas, ou ofrendas tanxibles que se deixan nos Petos de Ánimas que salpican as encrucilladas e os camiñ