Defuntos: o purgatorio e os petos de ánimas

 

Peto de Ánimas de Santa Eulalia, Ponte Caldelas ©pemónbouzas

Defuntos: o purgatorio e os petos de ánimas. A chegada do cristianismo a Galiza, a medida que se ía implantando na sociedade da antiga Gallaecia, ía aculturando as tradicións e crenzas dos pobos que a habitaban. Foi un xeito atraer crentes sen que renegaran de súpeto do que ata entón crían. Porén, no tocante á morte, un tema tan rico en lendas, rituais e tradicións en Galiza, non todo ten un significado pagán, ou si.

Segundo o cristianismo, hai mortos que non van ao inferno pero tampouco ao ceo, ao paraíso, xa que non teñen créditos suficientes para pasar o corte. Eses desgraciados quedan no limbo, que de be ser algo así como a nube de Internet. Pasan a ser ánimas en pena deambulando polo purgatorio onde deben esforzarse en actos de contrición, pero tamén deben recibir axuda dos vivos, axudas a modo de pregarias, rezos, misas, ou ofrendas tanxibles que se deixan nos Petos de Ánimas que salpican as encrucilladas e os camiños galegos.

 Petode Ánimas das Angustias, O Piñeiro de Areas, Covelo ©pemónbouzas


Os petos de ánimas son unha mostra escultórica da riqueza paisaxística galega. Son unha especie de fornela cunha altorrelevo  que ilustra penitentes espidos ardendo entre as lapas con figuras, nalgúns casos, dalgunha virxe con moita devoción na zona, maiormente algunha piedade, dolorosa, ou angustia. Aí mesmo, diante das imaxes, os oferentes deixaban millo, castañas e outros produtos da terra e rezaban en favor dos seus mortos, non fora ser que estiveran no purgatorio (algo farían) e precisaran axuda para cambiar de nivel.

Son moitos os petos de ánimas que hai en Galiza. Algúns deles quedaron reflectidos na documental “Encrucilladas” que asinamos Victorino Lourido e máis eu para Televisión de Galicia, documental que, por certo, está no limbo. Teremos que ir ata un peto e realizar as nosas ofrendas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio