O refuxio do fogar, cando hai fogar. (Homeward bound)
"Con razón ou sen ela" F.Goya da serie "Os desastres da guerra" |
Hai algo máis dun ano, terroristas de
Hamás asasinaban a 364 civís que asistían a un festival de música na fronteira
con Israel. Vítimas inocentes e innecesarias para xustificar a pervivencia dun
grupo terrorista que reivindica un territorio que pertence ao pobo Palestino. Como consecuencia, Israel leva asasinados preto de 40.000
palestinos, maiormente na Franxa de Gaza pero tamén en Cisxordania e no sur do
Líbano, incluso con ataques a Beirut. Israel destruíu nos seus ataques varios
hospitais, escolas e centros de refuxiados, asasinando indiscriminadamente civís,
como os terroristas, baixo a xustificación de que tamén había algún militante
de Hamás entre eles. Finalmente, sen escrúpulos, atacaron edificios da ONU
baixo o mesmo pretexto.
Estados Unidos de América apoiando o
terrorismo do Estado de Israel, Europa mirando para outro lado e poñendo a
música alta para non sentir as bombas, Putin e Ucraína ao seu. O PSOE con moito
que barrer e o PP con condenados por corrupción, con pendentes de xuízo e salpicando
merda con grandes ventiladores crispando todos aínda máis unha sociedade moi
descontenta cos seus políticos, unha sociedade que empeza a elevar a charlatáns
oportunistas a postos de decisión, como fixo antes Arxentina con Milei.
Aos galegos, menos mal que nos queda Portugal, namentres, a todos, quédannos as artes, as letras, a música... o refuxio da casa, do fogar.
Comentarios
Publicar un comentario