Israel ao seu

 

Imaxe da noticia de rfi (Radio France Internationale)

Israel ao seu. Unha DANA arrasa o mediterráneo español deixando ducias de mortos e desaparecidos, a xustiza española cada día máis politizada e a política máis xudicializada, o sexismo e as agresións a mulleres acadan cotas que apuntan a unha sociedade enferma, o prestixio do Real Madrid, como institución, autoesnaquízase nun suspiro, por fin o Balón de Ouro de France Futbol recoñece o fútbol español (o prestixio do Balón de Ouro levaba décadas polo chan), Manolo Rivas, escritor galego en lingua galega, gaña o Premio Nacional das Letras Españolas (a única boa noticia)..., namentres Israel segue ao seu.

Mais dun ano levamos abrindo o xornal cada mañá e lendo: setenta mortos nun ataque israelí, noventa mortos o día seguinte, sesenta o anterior e así cada día do ano. Atacan hospitais, campos de refuxiados, instalacións da ONU, centros de reparto de alimentos e medicinas, a xornalistas... Israel ao seu, asasinando ducias de persoas cada día. Asasinando. Asasinando. Asasinando.

Israel non ten xustificación moral para tanto crime. Nin sequera aquela masacre terrorista de Hamás de hai un ano xustifica preto de cincuenta mil asasinados por parte de Israel. Estados Unidos está en campaña electoral. Entre susto ou morte, que é o que escollen os estadounidenses, calquera dos dous apoia  os asasinatos indiscriminados de Israel. A Unión Europea que?, como se non existira, sen forza, descafeinada, cómplice!!, Coma todos nós, que non nos revelamos contra tan grande crime contra a humanidade e as institucións que tentan protexela: a ONU, un organismo que non vale para nada, que perdeu o seu sentido.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio