Veciños, petos verdeais

 

Veciño. Peto Verdeal

Veciño. Case a diario sinto  que está traballando na súa casa. Fai un ruído característico que leva asociadas palabras como fogar, parella, fillos, vida, natureza... Non sempre podo apreciar a súa presenza porque outros  manexan os sopradores motorizados para mover catro follas por non usaren unha escoba e danlle, e danlle, pisando o acelerador so por facer ruído. Estes contaminan por usar combustibles fósiles e pola propia contaminación acústica. Ademais, levan sementes dun lado a outro sen control, moito máis alá do que o fai a natureza. O meu veciño da foto aporta todo o contrario, vive e deixa vivir, ocupa un andar nun carballo próximo e moitas veces baixa xantar o que atopa entre as plantas das dalias, as hortensias e a herba.

Familia de petos verdeais

Sei de quen ven sendo, non so porque son varias as xeracións que lle coñezo, senón tamén grazas a que o meu amigo Joseba pasoume unha aplicación para o móbil que serve para identificar a cada un dos veciños que teño, e son moitos: pardais, paporrubios, merlos, ferreiros, xiríns, pimpíns, lavandeiras, carrizas, bubelas, corvos, pegas e, a familia de petos verdeais como o da foto.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio