Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

Vou falar de fútbol: At.Madrid & Real Madrid

Imaxe
  Coa que está caendo , vou falar de fútbol. Podería falar dos milleiros de crimes cometidos polo exército israelí dende hai un ano, ou da guerra de Ucraína provocada pola invasión dese país p olo exército ruso, ou dos perigos moi probables de que outro energúmeno mentireiro e paleto chamado Donald Trump gañe as eleccións en EEUU, ou da terrible noticia das vitorias fascistas en Italia, Austria, e do seu crecemento en Francia e Alemaña, ou de como un charlatán corrupto acada máis de tres millóns de votos nas eleccións europeas en España, ou do significado de que haxa tanta xente que apoia esta tolemia que so se pode explicar con palabras como ignorancia, populismo, mentiras, corrupción, lacazáns ou malcriados. Ía falar de fútbol. O domingo 29 de setembro de 2024 xogaron  Atlético de Madrid vs Real Madrid na 8ª xornada de liga. Foi no campo do primeiro. Ese partido xa é coñecido como “ o derbi da vergoña ”. Un grupo de ultras do Atleti apoiado por toda a masa de ultras dedicouse a

Matanuska valley & glacier

Imaxe
  Matanuska valley & glacier. Finais de Agosto ©pemón bouzas A primeira vez que o vin impactoume. Foi como unha aparición tras un cambio de rasante. Pola dereita, na estrada que vai  dende Anchorage , a cidade máis populosa de Alasca , ata Glennallen apareceu un rechamante val, ancho, polo que discorría o río Matanuska formando moitos meandros e illotes sedimentarios debullando unha paisaxe de gran beleza. Un pouco máis adiante, cando as árbores o permitiron, apareceu ao fondo o enorme glaciar Matanuska. Un glaciar de máis de 6 km de anchura  no seu remate e que avanza en varias linguas de xeo uns 20 ou 30 Cm cada día. Dende lonxe, hai varios miradoiros a carón da estrada que permiten unha visión global, a vista é espectacular, un agasallo da natureza. Porén, hai unha estrada de grava que remata en varias zonas de estacionamento, non demasiado lonxe do pe do glaciar. Primeira viaxe  Este é un dos paraxes de Alasca que máis me impactou. Na radio do coche, nunha emisora que progr

Astros tráxicos e Apocalipse (Now)

Imaxe
A Lúa chea no solpor. ©pemón bouzas     Astros tráxicos no firmamento. O sol ao amencer e a lúa no solpor, tinguidos de vermello, furando coa súa luz, cando poden, unha boina de cor plúmbica instalada no ceo sen apenas deixar entrever no horizonte o azul do ceo. " Apocalipse " é a palabra que máis se le en redes. Porén "Apocalipse" cobra máis valor cando a sentes en boca da xente do común, que dirían algúns, dos veciños. Estes contemplan ofendidos como o home, nós, somos quen de seguir teimudamente estragando a natureza (que non é unha palabra), a terra, o planeta no que vivimos. Estamos a falar da capacidade humana de destruir a súa propia casa!!!  Arde Portugal . Morre xente, algúns bombeiros. O fume cubre Galicia . Apocalipse pode ser unha palabra demasiado dramática pero quizais moi acaída nestes momentos. Robert Duvall en Apocalypse Now Robert Duvall surfeaba as ondas nas praias de Vietnam cun cigarro habano nos beizos mentres o solpor remataba de tinguir de

Xacios, os seres anfibios dos nosos ríos

Imaxe
Xacios, no Mosteiro de Santa María de Montederramo. ©pemón bouzas Os da foto son os únicos “ xacios ” que eu vin. Iso non quere dicir que non haxa mais nin que non existan. Estes seres, os “xacios”, entran e saen do noso mundo sen seren vistos, excepto cando eles asi o deciden. Moitos milleiros de anos antes de que Kevin Costner protagonizara a película Waterworl d xa existían en Galicia estes seres anfibios que moraban nas pozas dos ríos Miño e Sil. Con forma humana, de home ou muller, de cintura para abaixo teñen forma de peixe, como as sereas ou os mariños, outros dous seres máxicos anfibios, pero que enredan no mar. Os xacios que eu vin, están na igrexa do mosteiro de Santa María de Montederramo , nunha das xoias arquitectónicas do románico da Ribeira Sacra . As lendas arredor destes seres falan máis de femias, de xacias, sorprendidas normalmente por seres inocentes que acaban engaiolando, regalando con tesouros que poden conservar se cumpren algúnhas condicións, como non falar d

O soño do pequeno Jules Verne

Imaxe
    Tras do piñeiro, a Casa Museo de Jules Verne ©pemón bouzas. A vida é soño, e os soños soños son. Iso dicía Pedro Calderón de la Barca , dramaturgo dos grandes da historia. Os soños da infancia son os que marcan, espertan maxín, inquedanzas e futuro. O rapaz observa con entusiasmo a figura dun impoñente mariño que navegou por todos os mares do planeta. O rapaz chámase Jules, que chegaria a ser coñecido como Jules Verne . O mariño que observa é o Capitán Nemo , inesquencible cando o rapaz, de maior fixera del un dos mariños máis coñecidos do mundo per sécula seculorum. Cada visita a Nantes , antiga capital de Bretaña, implica unha visita ao rapaz e ao capitán, antes ou despois duns " moules á sidra " e dunha xerra de sidra . Fora do Nautilus  ©pemón bouzas Nantes pode presumir de Jules Verne, e faino. Por iso, mirando ao mar, no esteiro do río Loira que por alí desemboca, está situada a Casa Museo do máis fantástico escritor: Xulio Verne. convén visitalo para aprender máis

Ethan Hawke e Shakespeare

Imaxe
Paga a pena ler a Ethan Hawke . O actor, guionista e director de cine tamén é escritor. Se o admiramos por películas como “ O clube dos poetas mortos ”, “ Colmillo blanco ”, “ Training day ” ou a triloxia marabillosa de “ Antes del amanecer ”, recomendo a novela de este ano 2024 publicada en castelán por Berenice “ Un brillante rayo de oscuridad ”. O título xa resulta moi suxerente. Non so nos retrata a vida dunha estrela do cine por dentro, totalmente espido, senón que ademáis introdúcenos no mundo do teatro de Broadway co protagonista da novela facendo de Hopspur no drama histórico de Shakespeare “ Enrique IV. (Partes I e II ). Non quedaba outra que reler a Shakespeare guiado polo profesor Ángel Luís Pujante , responsable da edición en Austral . Ethan Hawke parecíame tan bo actor e tan interesante nas entrevistas que sobre el lin, que durante un tempo pensei que este texano era europeo; non porque non puidera haber xente brillante en EEUU, que a hai e moita, senón porque o discurs

O Arquipélago Gulag de Nicaragua

Imaxe
  Xornal El País O Arquipélago Gulag segue a pleno rendemento. Quizais o libro do Premio Nobel de Literatura Aleksandr Solzhenitsyn sexa o libro de cabeceira do ditador nicaraguano Daniel Ortega , non para lamentar e denunciar as masacres, o xenocidio de millóns de rusos ordenado primeiro por Lenin e, sobre todo, por Stalin , non, máis ben para todo o contrario, para lembrar as accións de terrorismo de Estado contra os seus propios compatriotas e poñelos en práctica en Nicaragua , tal como está a facer o ditador, noutros tempos revolucionario innovador, líder dun movemento, o sandinista , con homes e mulleres brillantes nas súas ringleiras. Dubido moito que ningún dos dous homes máis relevantes de aquel sandinismo democrático compartiran as actuais decisións antidemocráticas e criminais de Daniel Ortega. Agora, este ditador modifica o Código Penal para, tal como fixeron Lenin e Stalin no seu momento, perseguir os opositores, calquera que non pense coma el, máis alá das súas fronte