Vou falar de fútbol: At.Madrid & Real Madrid
O
domingo 29 de setembro de 2024 xogaron Atlético de Madrid vs Real
Madrid na 8ª xornada de liga. Foi no campo do primeiro. Ese partido xa é
coñecido como “o derbi da vergoña”. Un grupo de ultras do Atleti apoiado por
toda a masa de ultras dedicouse a tirar obxectos ao campo detrás da portería do
Real Madrid. O partido foi suspendido durante 14 minutos polo árbitro. Ao remate, os xogadores do Atlético de
Madrid, lograron empatar no derradeiro minuto, foron celebrar o non perder o partido, non coa afección que
enchía o campo non, foron celebrar ese empate cos ultras que uns minutos antes empezoñaran
o evento futbolístico para vergoña de madrileños, de futboleiros e da propia
Liga Profesional. Se fora pouco, o adestrador do Atlético, sen xustificar os
feitos, falou de evitar provocacións sinalando como culpable ao porteiro rival.
Pero aínda hai máis, o comentarista de Dazn referíase aos feitos dicindo “CAEN algunos
mecheros y otros objetos”. Terrible. Nada máis que engadir.
Ía
falar de fútbol. O aguerrido Atlético de Madrid, adestrado polo aguerrido Diego
Pablo Simeone, volveu fracasar ante un mediocre Real Madrid, cantas veces van
con este adestrador? O equipo aguerrido xoga como unha banda de covardes frote
equipos grandes e, sobre todo, contra o Real. Non se trata de falta de calidade
no cadro de xogadores, so é cuestión de covardía na estratexia contra un rival dese nivel. Simeone saberá de fútbol, será un
tipo rochoso, pero convertese nun peluche cando ten o Real Madrid diante.
Outros
equipos grandes, Real Madrid ou Barcelona, souberon desfacerse dos seareiros
ultras, camadas violentas, fascistas por descerebrados, indesexables nunha
sociedade moderna que quere paz e con vontade de medrar. O Atlético de Madrid
ten que resolver ese problema. De non facelo, as consecuencias serán
desastrosas.
Comentarios
Publicar un comentario