O Arquipélago Gulag de Nicaragua

 

Xornal El País
O Arquipélago Gulag segue a pleno rendemento. Quizais o libro do Premio Nobel de Literatura Aleksandr Solzhenitsyn sexa o libro de cabeceira do ditador nicaraguano Daniel Ortega, non para lamentar e denunciar as masacres, o xenocidio de millóns de rusos ordenado primeiro por Lenin e, sobre todo, por Stalin, non, máis ben para todo o contrario, para lembrar as accións de terrorismo de Estado contra os seus propios compatriotas e poñelos en práctica en Nicaragua, tal como está a facer o ditador, noutros tempos revolucionario innovador, líder dun movemento, o sandinista, con homes e mulleres brillantes nas súas ringleiras. Dubido moito que ningún dos dous homes máis relevantes de aquel sandinismo democrático compartiran as actuais decisións antidemocráticas e criminais de Daniel Ortega. Agora, este ditador modifica o Código Penal para, tal como fixeron Lenin e Stalin no seu momento, perseguir os opositores, calquera que non pense coma el, máis alá das súas fronteiras, pero tamén pasan a ser perseguidos os familiares e amigos dos opositores políticos.  Ernesto Cardenal, poeta, relixioso, teólogo e moitas outras cousas, fora un mito revolucionario no seu tempo, sobre todo cando asumiu o ministerio de Cultura. O seu irmán, Fernando, menos mediático, xesuíta, teólogo da liberación suspendido a divinis polo papa Xoán Paulo II e restituído polo papa Francisco, fora ministro de Educación tras lograr máis de medio millón de alfabetizados nunha campaña iniciada catro anos antes de ser ministro.

Fernando Cardenal, xesuíta, teólogo, ministro de Educación

Tiven a oportunidade de entrevistar na TVG a Fernándo Cardenal en 1987, cando era ministro sandinista e estaba suspendido polo papa. Non fora doada a entrevista, coa presión dos tres homes con máis poder daquela na tele, sentados en sendas cadeiras  no mesmo plató, fiscalizando a miña actuación. Antes de empezar, falei por segunda vez con Fernando Cardenal para advertirlle que lle ía facer unha entrevista na que tocaría os puntos máis cuestionados da política sandinista da que formaba parte. Cando saín do plató tras 25 minutos de conversa, Fernando Cardenal despediuse de min cunha forte aperta e os tres comisarios déronme a man, quixen supoñer que contentos co meu traballo. Lembro a entrevista e lembro o home dialogante a quen entrevistei. Imposible crer que na actualidade, de vivir,  non fora perseguido por Daniel Ortega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio