O soño do pequeno Jules Verne

 

 Tras do piñeiro, a Casa Museo de Jules Verne ©pemón bouzas.

A vida é soño, e os soños soños son. Iso dicía Pedro Calderón de la Barca, dramaturgo dos grandes da historia. Os soños da infancia son os que marcan, espertan maxín, inquedanzas e futuro. O rapaz observa con entusiasmo a figura dun impoñente mariño que navegou por todos os mares do planeta. O rapaz chámase Jules, que chegaria a ser coñecido como Jules Verne. O mariño que observa é o Capitán Nemo, inesquencible cando o rapaz, de maior fixera del un dos mariños máis coñecidos do mundo per sécula seculorum. Cada visita a Nantes, antiga capital de Bretaña, implica unha visita ao rapaz e ao capitán, antes ou despois duns "moules á sidra" e dunha xerra de sidra.

Fora do Nautilus ©pemón bouzas
Nantes pode presumir de Jules Verne, e faino. Por iso, mirando ao mar, no esteiro do río Loira que por alí desemboca, está situada a Casa Museo do máis fantástico escritor: Xulio Verne. convén visitalo para aprender máis cousas sobre a súa vida, a súa obra, as súas inquedanzas. Nunca se sabe, con tal inmersión un soña que está no fondo do mar preto da Ílla de San Simón ou en Rande, onde se agochan incribles tesouros mariños.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio