Ethan Hawke e Shakespeare



Paga a pena ler a Ethan Hawke. O actor, guionista e director de cine tamén é escritor. Se o admiramos por películas como “O clube dos poetas mortos”, “Colmillo blanco”, “Training day” ou a triloxia marabillosa de “Antes del amanecer”, recomendo a novela de este ano 2024 publicada en castelán por BereniceUn brillante rayo de oscuridad”. O título xa resulta moi suxerente. Non so nos retrata a vida dunha estrela do cine por dentro, totalmente espido, senón que ademáis introdúcenos no mundo do teatro de Broadway co protagonista da novela facendo de Hopspur no drama histórico de Shakespeare “Enrique IV. (Partes I e II). Non quedaba outra que reler a Shakespeare guiado polo profesor Ángel Luís Pujante, responsable da edición en Austral.

Ethan Hawke parecíame tan bo actor e tan interesante nas entrevistas que sobre el lin, que durante un tempo pensei que este texano era europeo; non porque non puidera haber xente brillante en EEUU, que a hai e moita, senón porque o discurso deste actor parecíame europeo. Sen máis. Se o admiraba polas súas interpretacións nas películas antes mencionadas, causoume sensación por participar no proxecto da triloxía "Antes del amanecer" (vinas en castelán, non as coñezo en galego), tres películas rodadas con 9 anos de distancia entre cada unha sendo a primeira (1995) a antes mencionada, a segunda "Antes del atardecer" (2004) e a terceira "Antes de anochecer" (2013), sempre dirixidas por Richard Linklater e cunha deliciosa Julie Delpy como coprotagonista. 



Na novela "Un brillante rayo de oscuridad" o protagonista é unha estrela do cine de Hollywood que interpreta un papel na obra teatral de Shakespeare "Enrique IV. Part.I e II". A novela non so é interesante por coñecer a perspectiva dunha estrela de Hollywood sobre o mundo do starsystem, con moitos paralelismos entre a vida privada da personaxe e a do autor (matrimonio e divorcio con Uma Thurman), senón tamén as interioridades do mundo teatral e de como encaixa un actor de cine nese mundo. 
Tiña lido unha manchea de obras de Shakespeare, dramas e comedias, tamén poesía, (Hamlet chámame de cando en vez para ser relida), pero nunca os dramas históricos (imperdonable). Grazas a Ethan Hawke, gocei de "Ricardo II", "Enrique IV. Partes I e II" e "Ricardo III", sobre todo grazas ás edicións de Angel Luís Pujante para a colección Austral de Espasa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio