A peste (NON Á GUERRA)
O ser humano non aprende porque non ten memoria nin a quere ter. Albert Camús publicou en 1947 a novela “A peste” ; unha obra esencial na literatura universal na que narra a chegada da peste a cidade alxeriana de Oran. Reproduzo de seguido un breve fragmento: Houbo no mundo tantas pestes como guerras e porén, pestes e guerras collen as xentes desprevidas sempre... Cando estala unha guerra, as xentes din: “Isto non pode durar, é demasiado parvo”. E sen dúbida unha guerra é evidentemente demasiado parva, pero iso non impide que dure. A estupidez insiste sempre, un decataríase diso se non pensase sempre en un mesmo. Hai dous anos, por estas datas, moita xente aínda pensaba que o do COVID-19 era un mal de chineses e de italianos despistados. Neses dous países os mortos contábanse por milleiros e os datos so preocupaban a sanitarios, científicos e inmunólogos. Por estas datas, semana arriba semana abaixo, comezaban as restricións e a corentena, moi criticada en España por millóns d...