Un bo rapaz (Goodfellas)

Camelio 1

Cal é o significado desa frase? Que é ser un bo rapaz? Sen dúbida, os que decidiron que a película de Martin Scorsese Goodfellas se titulase en español Uno de los nuestros ían ben encamiñados, intuían o significado real da pregunta que me fago ao principio. Ser un dos nosos é o único condicionante para dicir de alguén que é un bo rapaz.

Entón, se un pensa ou actúa de xeito diferente ao considerado socialmente como correcto, deixa de ser un bo rapaz? Seica si.  Henry Hill (Ray Liotta) era un bo rapaz no entorno familiar de Brooklyn até que deixa de estudar sendo adolescente para, con moito empeño, acabar converténdose nun bo rapaz para Paul Cicero (Robert de Niro) e o seu clan.

Pode un manter o espírito crítico sendo un bo rapaz? Probablemente houbo tempos, breves, nos que a resposta puido ser afirmativa; hoxe creo que é practicamente imposible. A día de hoxe, inmerso nunha sociedade na que o espírito crítico so se mantén en círculos intelectuais e artísticos, e moitas veces, a porta pechada, ou estás con nós, ou estás contra nós.

Estas son so algunhas preguntas e reflexións que me fago, a modo de presentación para ir tirando dos fíos de futuras recensións sobre as mulleres e o seus dereitos, as súas voces; sobre os premios literarios; os premios das distintas academias ou lobbis; o tratamento da cultura nos medios; os países e comunidades que dende Madrid seguen a ser “regiones e/ou provincias”; de persoas imprescindibles; de medios prescindibles; de precursores...

Non podo deixar de adornar isto cun bonsai, para seguir mantendo a paz. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio