NON Á GUERRA!!!

NON Á GUERRA!!!

Putin invade Ucraína.  Hitler invadiu Polonia o 1 de setembro de 1939, comezando así a II Guerra Mundial. Outra vez guerra!

Quizais non o lembremos pero cada presidente dos EEUU tivo a súa guerra, intervindo, invadindo, matando, controlando petróleos, gases e territorios estratéxicos por ben da democracia (é dicir, dos intereses económicos duns poucos). Xa me tarda.

Vladimir Putin


O caso é que Putín invadiu Ucraína.

Que pode facer un país coma Ucraína fronte o poderío militar ruso? Ben pouco. Alí hai tropas da OTAN, incluídas españolas, vixiando fronteiras pero non as de Ucraína con Rusia. Se a OTAN intervén defendendo os ucraínos, as consecuencias van ser unha guerra devastadora que afectará a Europa, que nos vai afectar a nós, e a outros países aliados. Se a OTAN non intervén, Ucraína vai ser absorbida por Rusia, con consecuencias catastróficas para a maioría dos ucraínos.

Nos países que formaron parte da antiga Unión Soviética tremen. Sospeitan, quizais, con razón, que Putin quere recuperar aquel imperio que existía e para o que traballou como espía cando pertencía o KGB. Máis guerra?

En Francia e Inglaterra saben ben quen é Vladimir Putin. Un exterminador de opositores internos e de xornalistas ou diplomáticos, asasinados nos novos “gulags” ou envelenados polos axentes do ditador, quen gaña eleccións porque os opositores morren ou están presos.  Putin é un exKGB que pasou da fame a multimillonario especulador. Que se pode esperar dun tipo que se cre o James Bond ruso? Xa me tardaba.

Neste momento hai moita xente preocupada no mundo enteiro. Un tolo prepotente e con moito poderío militar ven de iniciar unha guerra. So podemos agardar que a tolería non vaia a máis e que a resposta por parte da OTAN non estea nas mans doutro tolo.

Namentres, a xente morre. Namentres, a xente dos diferentes pobos están no medio, estamos no medio, e so podemos berrar.

Insisto: NON Á GUERRA!!!  TODOS CO POBO UCRAÍNO!!


Comentarios

  1. Que razón tes Pemón, esto que está pasando é terrorífico, calquera outra nova que está a contecer, chámese corrución, chámese Covid, pasa a 2º termo. A nosa vida vai a cambiar, e non para millor....

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio