Putin e o seu exército seguen ameazando países: NON Á GUERRA!!!

 



A Unión Europea incrementa as sancións contra Putin e a súa contorna. Namentres, os cidadáns da UE nos preguntamos se facerlle cóxegas a unha anaconda serve para que deixe de premer. Pero ollo!, as últimas sancións xa teñen moito calado: os rusos non poderán participar no Festival de Eurovisión!!!, non van ser sede da Champions!!! nin das carreiras de Formula 1!!!  Iso si que son impactos! Agora si que treme Rusia!

Treme tanto, que a reacción de Putin é a de deter e levar aos gulags a máis de dous mil rusos que ousaron manifestarse contra a invasión de Ucraína e contra a guerra. Treme tanto, que ese personaxe tan obsceno segue coaccionando e violentando o dereito dos pobos a decidiren o seu destino: Finlandia e Suecia, se se vos ocorre  pensar en entrar na OTAN tomarei  graves decisións militares e políticas –di o novo zar. Con todo, eu non son quen de dicirlle a ninguén se debe ou non entrar na OTAN ou en calquera outra alianza militar, pero si son quen de pensar e de dicir que cada país soberano é quen de decidir o seu destino, para ben ou para mal, sen que ningún veciño poderoso lle teña que estar ameazando.

Edificio bombardeado no centro de Kiev, capital de Ucraína


Nestes momentos, centos de miles, millóns de ucraínos tremen polas súas vidas, algúns xa morreron ou o perdéron todo, pero aplauden coas orellas a resposta internacional, a axuda que están a recibir, e, sobre todo, a decisión de que os rusos non van a Eurovisión, nin teñen a Champions nin a Fórmula 1.

Insisto, só nos queda a voz, a nosa voz:

NON Á GUERRA!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio