II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional e 4: educación e futuro

Diante do edificio da Biblioteca da University o Michigan Certamente, as institucións políticas galegas teñen nas súas mans a posibilidade de promover, incentivar e divulgar a cultura galega polo seu valor intrínseco, sen atender a connotacións políticas ou ideolóxicas, sen miramentos e comparanzas co castelán ou con outros idiomas dos que as culturas e os idiomas minoritarios están sempre en desvantaxe. A cultura propia, o idioma propio, son a base, os alicerces para comprender o noso e para entender mellor outras culturas e outras linguas; non esquezamos que as porcentaxes de coñecemento de outros idiomas, inglés, francés, alemán..., son superiores nos territorios nos que ademais do castelán se fala unha lingua propia, como é o caso de Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Euskadi e Galicia. “ Vontade ” é a palabra clave para as institucións xunto a “ fomento ” para por riba da mesa a definitiva “ medios ”, medios económicos e humanos para que o proxecto ...