II North American Symposium of Galician Studies - University of Michigan-Ann Arbor. A Cuestión Nacional 2: Medios de comunicación e cultura
![]() |
No campus da University of Michigan - Ann Arbor con Xosé Manuel Pereiro, Miguel Anxo Murado, Cristina Moreiras, Teresa Vilarós, Suso de Toro e outros |
A depresión na que están inmersos os medios de
comunicación ten tamén que ver coa globalización provocada por Internet. Asredes sociais, as webs e as novas canles de comunicación a través da rede fixeron tanto dano aos medios, porque a súa implantación correu moito máis que a reacción da
sociedade da comunicación para se adaptar aos novos tempos. Os rexedores dos medios miraron para as lustrosas mesas de despacho que disfrutaban sen ver chegar a onda expansiva dun novo xeito de tratar a información. A primeira vítima
foi sobre todo a prensa escrita, pero non foi a única, xa que afecta ás
televisións, que igualmente son preguiceiras en reaccionar, e quizais as radios, aínda que penso que a
radio sobrevivirá.
![]() |
Pemón Bouzas nunha intervención |
Non son, sen embargo, moi optimista neste momento. Teño
as miñas dúbidas ao respecto dese porvir,
do futuro do galego e da cultura e da tradición galegas dentro dunha
xeración. Durante eses séculos escuros nos
que tanto o idioma como o significado de Galiza como reino histórico coñecido e
respectado foron esnaquizados, convertidos en algo denigrante que acabou
denigrando tamén ao galego como ser humano, a lingua mantívose viva nos fogares
da maioría das vilas e aldeas de Galicia. O castelán, mal falado, empezou a
ocupar os salóns da baixa nobreza e da alta burguesía das cidades galegas,
chegando tamén as escolas e a universidade. Pero no rural, na costa nas vilas,
nas feiras, nas romarías, na vida social, falábase galego, e sobre todo á hora
de expresar sentimentos entre a familia, incluso entre os castelán falantes.
Xaora que era un idioma perseguido, xa non policialmente, que tamén, senón
socialmente, era o idioma dos ignorantes, dos non cultos e ben educados.
![]() |
Con Benita Sampedro (Hofstra University - NY) e Diogenes Costa Curras (University of Massachussets -Amherst) |
Hoxe en día, exceptuando reminiscencias de ignorantes
centralistas dogmatizados, o galego recuperou prestixio pero segue no trapecio
camiñando sen rede, e son moitas as turbulencias de todo tipo que o ameazan. De
aí as miñas dubidas, o meu escepticismo. O deterioro no ensino, a preguiza de
xeracións con espellos en heroes con pes de barro, abandeirados da fama doada
de canles de televisión con programas que fan paradigma da ignorancia, o
desprezo institucional pola cultura, pola literatura, polo arte... Ate o
tradicionalismo populista deixou de ter interese.
(continuará)
Comentarios
Publicar un comentario