Santiago Marítimo por J. Méndez

Santiago de Compostela é arte en si mesma, arte dende o seu nacemento como vila, como lugar santo, como meta de peregrinación. É arte dende o momento en que se levanta a primeira igrexa, o xermolo da gran catedral que foi medrando co paso dos séculos, igrexa e catedral que se fundamentan nun mito. Pragmatismo arquitectónico, austero no medievo e exultante no barroco, como expresión artística para acoller as almas dos homes e mulleres que durante séculos seguiron un impulso místico, máxico, de aprendizaxe, espiritual sempre. Todas esas almas encontraban e encontran no Camiño algo que buscaban e buscan, e descubren en Compostela a expresión arquitectónica da arte, a expresión espiritual da arte, a expresión relixiosa da arte. Grazas a eles, aos peregrinos, Compostela medra cada minuto facéndose máis cosmopolita, máis única, incrementando o seu mito. Agora é o Mito o que se apoia na arte. O peregrino ve, sinte, máxia en Compostela. Ve, sinte, unha realidade transformada polas emocións do...